Parece ser que polo de agora a 22 de febreiro, todos están contentos co seu traballo e a súa acción política na defensa de Galicia. Mais seguro que, quen máis contentos están son o PSOE e o PP. Os presupostos xerais do estado, supoñían unha tallada do 20% para Galicia e querían vender que son moi sociais os socialistas e mareados psudomadrileños. O BNG apoia neste feito a súa estratexia de tentar de recuperar espazo e posición facendo valer tempos pasados que nin son os mesmos de agora nin tampouco foron para tanto, son tan boas as bondades acadadas que intenta vender Ana Pontón que case non tería que ter Galicia problemas. A realidade é ben distinta, sabémolo todos.
Dende CxG deuse un paso valente e non sen sacrifico, pero cómpre antepoñer Galicia ós intereses partidarios, na actual configuración de forzas se somos sensatos é precisa unha roga de partidos galegos, soamente galegos para ter un peso especifico na próxima lexislatura, a da presenza da dereita reaccionaria na carreira de San Xerónimo. Unha lexislatura na que as tensións territoriais serán moitas e na que a forza centralizadora multiplicarase.
O pobo galeo é un pobo de roga, de axuda entre veciños, así o acredita a nosa tradición e as nosas costumes: matanzas, vendimas, colleitas, montes en man común… É entón posible o preciso entendemento entre as forzas galegas, que teñan centro de decisión non País, agora non valen os confederais, que atenderon a posición de voto marcada en Madrid, neste senso parabéns á integridade e decisión de Alexandra Fernández. Non vale o conto de que ven o lobo, ese lobo vai vir igual é non por culpa de actuar dignamente con Galicia, uns orzamentos malos para Galicia, máis culpa ten o PSOE e PODEMOS.
Non debería ser difícil traballar nese senso, pero temo que non vai existir a suficiente xenerosidade, en aqueles que a teñan que ter, mal camiño. Entendo que esta é a mellor ocasión de facer POLITICA xa que o previsible retroceso non vai ser aproveitado por forzas galegas, ollo non todo é calculadora. Cada quen vai ser responsable, tampouco e momento de “abrir portas” non é a solución pensar ser mellor que o resto, ou peor, están pechadas para ter necesidade de abrilas? Poñer en común o que une é o preciso, traballar en positivo e ser leais ó pactado é o camiño, espero que o queiran moitos.
Por aclarar, pódese facer unha coalición estratéxica e clara para estar no momento preciso, iso pedimos dende CxG e non temos porque pensar na municipais ou europeas, e fácil de entender, son xestións distintas e son competencias moi distintas. Que non vos enganen non facer a ROGA é puro egoísmo partidista. Imos ver si Galicia é o que importa.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



