Cervo, 24 de abril de 2019.- O Encoro de Río Cobo será sede este sábado do Campionato Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.
A día de hoxe están inscritos 299 palistas de 34 clubs de toda Galicia, entre os que están os 6 da provincia de Lugo e os 4 da comarca da Mariña (Club Deportivo San Ciprián, Club Kayak de Foz, Club Altruán de Ribadeo e Club de Piragüismo Viveiro Urban Hotel).
Tal e como precisou Villares “levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, porque desde o minuto un vimos que era unha boa oportunidade para a nosa zona, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente, de familias, que move; ademais –precisou- é unha boa ocasión para dar a coñecer todos os atractivos que pode brindar o noso Concello ás persoas que nos visiten”.
A regata terá lugar desde as 11:00 horas e a entrega de medallas está prevista para as 14:00 horas; e tanto desde o Concello como desde o Club San Ciprián, convidan a presenciar este evento deportivo nun escenario de excepción, como é o Encoro de Río Cobo, unhas instalación únicas na provincia que recordemos que foron empregadas para adestrar polo medallista olímpico David Cal.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
