Foz, 30 de abril de 2019. O candidato á reelección como alcalde de Foz polo Partido Popular, Javier Jorge Castiñeira, presenta hoxe aos cinco independentes que se integran na súa lista. O alcaldable popular di que estas persoas dan este paso para traballar polo seu pobo e aportarán frescura e diversidade.
Javier Castiñeira anuncia que “cinco independentes se suman á lista do Partido Popular de Foz para estas próximas municipais. Concretamente son: Laura Riveira, de Cangas; Conchi López, de Nois; Iago Rivas, de Vilaronte; Rocío Basanta, por Marzán; e Miguel Oroza, por Fazouro, que acompañará na representación desa parroquia ao actual concelleiro Antonio Hermida”.
O candidato á Alcaldía do PP focense engade que “todos eles coinciden en que dan este paso para traballar polos seus veciños desde as súas parroquias, desde os seus barrios, pero por un concello mellor en xeral. Estes veciños aportarán frescura e diversidade, pero sempre desde un punto de vista independente. Tanto Laura como Conchi teñen experiencia por estar nas directivas das asociacións de montes de Cangas e de Nois e ter un contacto directo cos seus veciños. Ademais Laura, que vai de número 3, forma parte do colectivo LGTB da Mariña; e outra muller que se presenta como independente, que é Rocío Basanta, é perruqueira e preséntase para que Marzán teña voz e faino cun grupo de persoas que cre que é o que máis se lle asemella ao seu carácter e ás súas sensacións”.
Javier Castiñeira comenta que “tamén hai dous rapaces ben coñecidos. Un é Iago Rivas, que é barista e leva anos promovendo esta profesión en diferentes concursos de ámbito nacional e cre que pode facer cousas por Vilaronte e por Foz desde esta candidatura. Tamén está Miguel Oroza, graduado en ADE, é funcionario e coñecido por ser DJ en moitas das festas focenses, e que axudará a Antonio Hermida a servir aos veciños de Fazouro cunha especial atención a promover a cultura ecolóxica, tamén dende o seu punto de vista de independente”.
O alcaldable popular salienta que “son cinco persoas que se suman a esta candidatura, na que estamos tamén catro dos actuais concelleiros e que conformamos un grupo plural e variado que mellorará, sen dúbida, a opción do Partido Popular nestas próximas eleccións. Desde o PP agradecémoslles o seu compromiso e a súa lealdade a todos os veciños e esperemos que todos xuntos logremos revalidar novamente o goberno do Concello de Foz”.
Laura Riveira Balseiro estudou un ciclo superior de Informática e leva 4 anos de secretaria na comunidade de montes e na asociación de veciños de Cangas. “Despois de moito pensalo decidín dar o paso en política porque me gusta axudar os meus veciños e conseguir cousas para o meu pobo; e ademais creo que a xente nova temos que implicarnos e expoñer as nosas ideas”, comentou.
Conchi López Seijas é técnica en Farmacia e Parafarmacia e actualmente está preparando oposicións. “Din o paso para ir nesta candidatura porque gústame axudar no que me é posible á miña parroquia e ó concello de Foz. Xa estiven axudando desde a asociación de montes veciñais de Nois e agora quero facelo tamén desde o Concello”, manifestou.
Rocío Basanta Villapol explica: “estudei en Foz e logo despraceime a Lugo para realizar os estudios de Perruquería e Estética. Actualmente traballo nun salón de beleza no barrio de Marzán como perruqueira. Decidín entrar nesta nova experiencia política tras recibir unha chamada do equipo de goberno local para colaborar e axudar en todo o posible neste noso pobo representando ao barrio de Marzán, polo que me poño a disposición dos veciños para todo o que poidamos mellorar”.
Iago Rivas Eiroá é barman, barista e camareiro de profesión. Estudou FP de Hostalería no IES de Foz agora está rematando os estudos na Coruña. “Enrólome nesta candidatura porque sei que as persoas que a formamos podemos facer algo marabilloso polo concello de Foz. Tanto o núcleo como as parroquias son algo moi importante neste municipio. Só pido que escoiten as propostas deste partido, que as analicen e que cada veciño exprese o que sinta mediante o voto”, comentou.
E Miguel Gómez Oroza, graduado en Administración e Dirección de Empresas, é funcionario e explica: “dou o paso para aportar proxectos, ilusión e ganas de traballar co obxectivo de acadar un concello máis moderno, accesible, cultural e ecolóxico”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



