Mondoñedo, 12 de abril de 2019.- A Xunta de Galicia colabora coa Mancomunidade de Municipios da Mariña na tradución ao castelán, inglés e francés das audioguías turísticas dos tres concellos que son porta da entrada ao xeodestino: Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro.
As audioguías ofrecen un paseo polos principais puntos de interese de cada municipio e foron presentadas hoxe na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a alcaldesa do municipio, Elena Candia, e o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, entre outros.
Balseiro explicou que este proxecto finánciase con cargo ao convenio que subscribe coa Mancomunidade o Goberno galego a través de Turismo de Galicia, polo que achega 160.000 euros para accións de promoción turística da comarca.
Afirmou que as audioguías poderán descargarse gratuitamente na web da Mancomunidade, e “mellorarán a experiencia do turista máis esixente, que se interesa polo patrimonio e a cultura”. Ademais, o concello de Mondoñedo prestará dende hoxe mesmo dispositivos mp3 e cascos illantes aos visitantes que o desexen tanto na Catedral como na Casa Museo de Ávaro Cunqueiro.
O delegado indicou que esta medida completa un recurso que xa existía pero só en galego, “para que chegue a máis xente, porque a maioría das persoas que nos visitan domina algún dos idiomas nos que se ofrecen”.
O delegado instou a expandir esta iniciativa, incorporando aos outros concellos da Mancomunidade e facilitando audioguías en lugares sinalados ou ben información sobre as posibilidades de descarga nos dispositivos móbiles particulares.
No acto de hoxe tamén se presentou o material promocional deste produto, folletos e carteis para as oficinas de turismo. Para poder ampliar información, escoitar e descargar gratuitamente as audioguías habilitouse unha sección na web da Mariña lucense.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



