A Pontenova, 30 de abril de 2019. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, lamentou este martes que o candidato do PP a alcaldía, David Gutiérrez, “só salga nos medios de comunicación para mentir, manipular e intentar enganar aos veciños da vila. E o fai cando asegura que o Concello da Pontenova non solicitou as axudas da Xunta de Galicia por ser a Festa da Troita de Interese Turístico Galego. O Concello non pode solicitar ditas axudas porque non organiza dito evento. É o Centro de iniciativas turísticas o que organiza a Festa da Troita e o Consistorio apoia, como todos os anos, ao igual que a Deputación, a celebración da cita. Esas axudas, como debería coñecer o candidato do PP, só se poden dar a Concellos e non a entidades, por iso nin se solicita nin se recibe ningunha partida desas subvencións”.
“Que a estas alturas o señor Gutiérrez non saiba que a Festa da Troita organízaa unha asociación é o exemplo perfecto da desconexión do PP cos veciños e co Concello da Pontenova. Nin están nin se lles espera. É, lamentablemente, a dinámica destes 4 anos das políticas do Partido Popular que non presentou nin unha soa proposta seria no Pleno da Corporación municipal”.
Campos Conde convidou a David Gutiérrez a que lle pida aos seus compañeiros do PP na Xunta de Galicia que colabore coa Festa da Troita ao igual que fai o Concello e a Deputación que destinan 3.000 e 5.000 euros, ademais de achegar persoal municipal e material para apoiar loxisticamente o evento. “Unha vez máis demóstrase o nulo compromiso e interese por parte do PP cos veciños da Pontenova e a implicación dos socialistas por dinamizar a economía e o turismo do noso Concello”.





















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



