Ribadeo, 22 de abril de 2019. Éxito de participación e de público no III Open de Pádel Balpersa Volvo que se celebrou nas instalacións de Pádel Club Ribadeo do 18 ao 21 deste mes de abril. No evento participaron 160 xogadores/as cun grande nivel deportivo e un moi bo ambiente social.
Desde a organización agradecen “ao patrocinador, Balpersa Volvo, a confianza depositada no club e tamén a todos os participantes e ao numeroso público que ao longo destes días se achegou a Pádel Club Ribadeo para disfrutar deste Open de Pádel”.
Os gañadores/as por categorías foron os seguintes:
– 1ª masculina
Campións: Álvaro Álvarez – David Fernández
Subcampións: Miguel Veiga – Venancio Granda
– 2ª masculina
Campións: Jaime González – Rodrigo Sanjiao
Subcampións: Clemente Martínez – Jesús Novo
– 3ª masculina
Campións: Diego García – Óscar Fraga
Subcampións: Bruno García – Daniel Prieto
– 1ª femenina
Campioas: Adega Castro – Aida González
Subcampioas: Iria Otero – Maribel Muñoz
– 2ª femenina
Campioas: Jennifer Moure – Mónica Vallejo
Sucampioas: Mónica García – Aránzazu Arias
– Mixto
Campións: Lucía Arrizabalaga – Venancio Granda
Subcampións: Tamara Vázquez – Yoel Astariz