Viveiro 17-5-19. Miriam Bermúdez resalta a necesitade vital de educar e traballar pola igualdade e contra a violencia machista desde o Concello, que debe contar cun Plan de Igualdade Municipal para difundirse, implantarse e avaliar os seus resultados. Desde o BNG queren integrar a perspectiva de xénero nas políticas municipais e Incorporar cláusulas sociais na contratación pública.
Miriam Bermúdez: “queremos traballar en campañas de coeducación para o ensino e para unha educación non sexista e fomentar unha escola de Pais e Nais, así como promover obradoiros de ‘bos tratos’ e de ‘corresponsabilidade doméstica’”. E continúa, “cremos que é fundamental fortalecer o CIM de Viveiro e os seus servizos de atención psicolóxica e legal así como demandar, desde o concello, a creación urxente do 3 xulgado de primeira instancia e instrución para o partido xudicial de Viveiro, o cal a través dunha inciciativa do BNG de Viveiro foi presentado no pleno da Deputación de Lugo polo que está en mans do TSX e deste concello tramitara súa creación, que axudará na mellora da prestación de servizos ás mulleres denunciantes de malos tratos que comparecen no xulgado.”




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



