Cervo, 17 de maio de 2019.- O equipo de Alfonso Villares fixo público este mediodía o programa que deseñaron para os vindeiros catro anos e que está “articulado sobre os eixos principais da nosa Política e baseado en diferentes proxectos de futuro que nos gustaría poder materializar para que Cervo siga crecendo”.
A ampliación do Museo do Mar, a creación dunha vía alternativa de entrada e saída de Cervo, o aumento do Complexo Deportivo da Veiga, a eliminación dos esqueletos urbanísticos e a posta en valor do Castro da Atalaia; o remate da senda peonil entre Cervo e Sargadelos, a creación doutro novo trazado que conecte Sargadelos con San Ciprián ou a promoción de vivenda pública que favorece o asentamento da poboación; son algunhas das principais liñas de actuación que queren desenvolver os populares neste tempo.
Os servizos sociais e o fomento do emprego, tal e como precisou Villares, “tamén son dúas das nosas grandes prioridades e neste senso, queremos crear un centro de atención especializada, que traerá novas oportunidades laborais ao noso Concello”; ademais de continuar promovendo as bolsas de formación remunerada para a mocidade e impulsando o Centro de Emprendemento de Sargadelos; ademais tamén contemplamos incrementar as axudas ás diferentes asociacións e tamén para a dependencia.
O turismo – coa ampliación da área de autocaravanas, a potenciación das rutas naturais e o impulso do turismo rural-; o medio ambiente –reforzando o plan integral de reforestación con autóctonas e as campañas didácticas de reciclaxe e compostaxe doméstica-; o medio rural –seguindo a investir en materia de saneamento e abastecemento de auga-; a cultura –coa programación continua de exposicións, eventos e concertos, e o impulso do asociacionismo, o I+D+I –traballando para que Cervo sexa un referente no desenvolvemento da tecnoloxía de drons-; o deporte –co apoio ás entidades deportivas e a aposta polas Escolas Deportivas Municipais- e a educación e a conciliación –contemplando a apertura da Escola Infantil Municipal os 12 meses, axudas directas á comunidade educativa e programas específicos de conciliación-; son outras das pedras angulares do proxecto liderado por Alfonso Villares.
O candidato á Alcaldía de Cervo apuntou que este programa “realista, factible e ilusionante”, que está asentado sobre unha base económica sólida froito dunha xestión municipal responsable, non é froito de ningunha improvisación, pois nace dunha preocupación e dun traballo día a día por Cervo, de traballar man a man coa veciñanza, de escoitala, e de recoller todas as súas inquedanzas para tentar construír sobre elas esas solucións e materializar eses proxectos que melloren o seu benestar”.
Ese é o noso compromiso cos cervenses, apuntou; “o meu e o de todas as persoas que me acompañan nesta candidatura, todos nós residentes no Concello de Cervo”; desde esta proximidade gustaríanos seguir traballando para que Cervo Creza, “incrementando os servizos públicos de calidade e velando pola igualdade de oportunidades”, sentenciou.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



