Burela a 29 de maio de 2019. “Desde hai 10 días non teñen papel de mans e para as padiolas onde atenden aos pacientes, tamén levan case 15 días sen agullas de extracción para analíticas de adultos, tendo que utilizar agullas pediátricas o que está a provocar un atraso na recollida de mostras, do mesmo xeito falta material de papelería e hai escaseza de gasas entre outros materiais”, denuncian desde CIG Saúde.
“Isto débese á privatización do servizo e a escaseza de material abastecido froito dos recortes (a última vez o 16 de maio), de tal maneira que cando reciben o novo material aos poucos días xa está esgotado ou escasea”, denuncian.
A situación foi posta en coñecemento dos directivos de Lugo, verdadeiros responsables da xestión dos centros de saúde -a pesar de “vender” que a atención primaria sería xestionada desde o Hospital da Mariña-, “unha mentira máis dos dirixentes do Partido Popular para acalar as críticas e protestas”, afirman.
A solución achegada pola Xerencia de Lugo é o envío de “forma urxente” do material este venres. “Máis de dous días para repoñer o material?”, pregúntanse desde a central nacionalista.
“O SERGAS é o responsable de controlar á empresa privada e de garantir a abastecemento de material en tempo e forma, e esta situación, xa denunciada no seu momento, é o día a día de todos os Centros de Saúde e PACs da nosa comarca”, explica a CIG.
CONSECUENCIAS DAS POLÍTICAS PRIVATIZADORAS DO PARTIDO POPULAR.
Esta privatización, que afectou a todos os centros do SERGAS, foi adxudicado á empresa Severiano Xestión SL no mes de decembro de 2011 e foi completada o 19 de marzo de 2014. Abarca un período de once anos e ten un importe de 98.130.701,42 euros, IVE/IVE incluído. A privatización provocou a amortización de prazas e desabastecemento de material. “Na maioría dos casos estes megacontratos son por un período de tempo moi longo e as empresas están blindadas contra posíbeis decisións de reverter os servizos ao ámbito público”, sinalan desde a CIG-Saúde, para a cal a privatización está a “hipotecar o futuro da sanidade pública”.
Destacan que mentres a loxística dependía directamente do SERGAS, xestionada por persoal do servizo público de saúde, nunca se produciu carencia ningunha nas subministracións.
CIG Saúde explica que, as privatizacións responden á política do PP que beneficia a empresas, “na maioría dos casos ligadas a cargos da propia Administración pública, para faceren grandes negocios a conta da saúde de todos os galegos/as”.
Con esta táctica o PP entregou xa a mans privadas parcelas moi amplas dos centros sanitarios: o servizo de ambulancias, as telecomunicacións do Sergas, o almacenamento e subministro de material, o mantemento dos equipos sanitarios, a historia clínica (Ianus) e a receita electrónica, a central de chamadas (que presta un servizo penoso), a alta tecnoloxía etc.
“Se non somos capaces de frear esta estratexia privatizadora, no futuro será moi difícil recuperar a titularidade pública dos servizos privatizados”, conclúen desde CIG Saúde.























Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



