Ribadeo, 20 de marzo de 2026. Ribadeo investiu 190.000 euros nas melloras realizadas no pavillón situado na rúa Alfredo Deaño. As instalacións foron visitadas hoxe polo alcalde, Dani Vega, e polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O rexedor dixo que “sSeguimos investindo e mellorando as infraestruturas deportivas. Todos éramos conscientes de como se atopaban. Todos éramos coñecedores de que chovía máis dentro que fora no pavillón pequeno, no que está situado na rúa Alfredo Deaño, que aí había máis caldeiros que en toda a provincia de Lugo xuntos e había que adoptar unha medida. Qué se fixo? Buscamos o orzamento necesario e, evidentemente, investir para mellorar a infraestrutura do pavillón”.
Vega contou que “a cuberta estaba totalmente abandonada. Faltaban chapas, por iso chovía constantemente, e o que se fixo nun momento foi incluso poñerlle o solo a un espazo que está dedicado para Amigos da Gaita, sendo conscientes de que chovía. O que se fixo agora foi todo o arranxo da cuberta do pavillón, arranxáronse os vestiarios, os baños, os locais para gardar material, para gardar equipamento, tamén a cuberta do local que se dedica a Amigos da Gaita e vanse arranxando así as instalacións deportivas, non deixando abandonarse, porque o gasto é superior e nós tivemos que tomar esta decisión”.
O alcalde manifestou: “non se podía practicar deporte con caldeiros polo medio. A pista, metade do ano, non se podía utilizar porque estaba chovendo constantemente sobre ela. Tamén houbo que arranxar o solo da instalación central, a pista onde se practica deporte, porque choveu durante tanto tempo sobre ela que se estropeou”.
E subliñou: “foron 190.000 euros de inversión para arranxar unha instalación deportiva, un pavillón fundamental, e agora o que debemos é facer tamén a conservación da instalación, é dicir o mantemento da instalación. Está moi ben investir, pero o que non se pode é abandonar”.
Para o alcalde “o primeiro paso está dado, foi á inversión, arranxada a cuberta, arranxada as instalacións tanto dos baños como onde se garda o equipamento, tamén o local de Amigos da Gaita e a pista onde se fai a práctica de deporte. Así é como se debe facer, evidentemente queremos ir máis rápido, facer máis cousas. Iso é normal, pero temos tamén que ser conscientes que o orzamento é o que é, temos que xestionar moito orzamento, pero pouco a pouco vamos investindo e mellorando as instalacións deportivas, e neste caso o pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño”.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



