Ribadeo, 9 de maio de 2019. Compromiso por Galicia en Ribadeo deu a coñecer este xoves o seu programa electoral no que se inclúen moitas medidas destinadas a mellorar a xestión da praia das Catedrais; así como a imaxe que se está a ofrecer da vila coa instalación de semáforos, de contedores soterrados e coa creación de novas prazas de aparcamento. O candidato á alcaldía, Jesús Pérez Moreda, xunto a Begoña Fernández Aurora González, números 2 e 3 da lista, foron os encargados de presentar os seus compromisos con Ribadeo.
O programa electoral de Compromiso por Galicia divídese en sete áreas: economía, servizos sociais, emprego e cidadanía; desenvolvemento local; infraestruturas; medio ambiente, rural e praias; cultura e deportes; turismo e tráfico.
Entre as medidas que recolle figuran a creación dun sistema de cobra nos aparcamentos da praia das Catedrais, co fin de aumentar o presuposto en diferentes partidas; a creación dunha oficina municipal dedicada á xestión diaria, que apoie e coordine aos clubs e asociacións do concello. E a reforma integral da praza de abastos, renovando o edificio actual e cubrindo os laterais.
Desde Compromiso por Galicia apostan por promover a negociación con Sepes para a reactivación real do polígono industrial de Ribadeo; por construír un edificio multiusos adaptado para concertos, torneos, feiras, exposicións e congresos empresariais; pola sinalización en tres idiomas: galego, castelán e inglés. E pola instalación dun carril bici pola estrada da costa, desde o porto ata As Catedrais.
No programa electoral de CxG figuran a creación de novas áreas de lecer para as mascotas e a rehabilitación de vivendas no medio rural para a mellora das condicións de vida, co fomento da instalación de placas solares para a calefacción e auga quente e o uso de enerxía por biomasa. Esta formación tamén aposta polo dragado do fango da praia dos Bloques para o seu posterior recheo con area e pola extensión da rede de saneamento na zona rural e pola recollida de residuos producidos polas explotacións agrarias.
Compromiso por Galicia considera que Ribadeo debería contar cun museo con diferentes salas dedicadas ao mar, á historia local e ao legado indiano; aposta pola creación de novas instalacións deportivas como unha pista de atletismo regulamentaria e por recuperar o uso da tradicional vela latina na ría como potencial turístico. Sobre a praia das Catedrais o programa electoral de CxG inclúe varias medidas como por exemplo un plan especial no que sexa imprescindible pasar por Ribadeo para visitar ese areal, xerando así sinerxias coa economía. Jesús Pérez Moreda e o seu equipo propoñen que o 80% dos pases de acceso a Augasantas se expidan desde Ribadeo.
A instalación dun punto de carga para vehículos eléctricos no aparcamento municipal, a posta en marcha de medidas para controlar o acceso de vehículos ás rúas peonís ou a prohibición da entrada a camións de máis de 15 toneladas na vila, son outros dos puntos que recolle o programa electoral que Compromiso por Galicia deu a coñecer nesta xornada.




















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



