Foz 16 -05- 2019. Os socialistas comprometémonos a revisar a política fiscal que se aplica desde o concello para favorecer o impulso da actividade empresarial e a contribución xusta dos cidadáns- explica Fran Cajoto, candidato á alcaldía de Foz. A regularización catastral levada a cabo en Galicia estes anos e a subida inxusta e desproporcionada realizada polo Concello de Foz, do 51,73% no últimos catro anos, ten un impacto moi importante na economía dos veciños de Foz e especialmente sobre os bens inmobles do rural.
Cremos que se pode, desde a responsabilidade e a progresividad, reducir a presión das familias no imposto máis importante, e que máis impacto ten nelas, o Imposto de Bens Inmobles (IBI) ao longo do próximo mandato, sen que iso supoña poñer en perigo a estabilidade orzamentaria nin xerar niveis de débeda – prosegue Cajoto- por iso, se alcanzamos o goberno comprometémonos en primeiro lugar a solicitar un procedemento colectivo de valoración catastral que permita a baixada do tipo de gravame do imposto. A aplicar bonificacións de ata o 95% para as explotacións agrícolas e gandeiras do Concello, ás familias numerosas e á inmobles propiedade de asociacións veciñais nos que se desenvolvan actividades culturais, entre outros.
Impulsaremos tamén- refire Cajoto- bonificacións da cota do imposto ás empresas que exerzan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
Adquirimos o compromiso de reducir o tipo das plusvalías – un imposto que en Foz, nun afán recaudatorio sen límites, empézase a cobrar coa chegada ao goberno municipal do PP e o Sr Castiñeira, critica Cajoto- e que grava o incremento de valor que experimentan os terreos de natureza urbana, aplicando bonificacións para as vivendas habituais que se reciban en herdanza por descendentes, ascendentes e cónxuxes
No PSOE de Foz estamos comprometidos coa loita contra o quecemento global e o efecto invernadoiro e comprometémonos a adoptar medidas que poidan contribuír a eliminar a contaminación dos vehículos de motor e mellorar a nosa contorna, tales como: Bonificacións no IBI o a aqueles inmobles nos que se instalaron sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía proveniente do sol, ou bonificacións do imposto de vehículos de tracción mecánica (rodaxe) en función da clase de carburante que utilicen, así como das características dos motores e a súa incidencia no medio ambiente- reflicte Cajoto.
Cremos firmemente que é posible aliviar o incremento da presión fiscal que os veciños e veciñas de Foz sufriron, no peor da crise, durante os mandatos do Partido Popular no concello de Foz, e nese senso traballaremos si os focenses nos outorgan a súa confianza- remata Cajoto.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



