Foz 11 -05- 2019.- O PSOE de Foz e o seu candidato á alcaldía, Fran Cajoto, comezan unha campaña cara a cara coa veciñanza onde, parroquia a parroquia, barrio a barrio e porta a porta, explicarán as medidas contempladas no programa electoral socialista.
“De aquí ao próximo 26 de maio esperamos poder achegar a todos e cada un dos veciños e veciñas de Foz o programa socialista, no que, por un lado, temos proxectos a mais longo prazo, como a xa anunciada, nova avenida Foz centro e, por outro, unha serie de medidas recollidas durante os últimos tempos nunha campaña de escoita activa entre tecido asociativo veciñal e cultural de Foz e a veciñanza”- comenta o candidato socialista Fran Cajoto- “medidas concretas e de sentido común, como retomar o sentido do tráfico nas rúas reformadas e habilitar pasos de peóns nelas ou, ordenar mobiliario urbano”
“Son propostas concretas, realistas, realizables, sensatas que buscan dar resposta aos retos do Foz de hoxe e aos retos de mañá. Nunha vila na que os problemas se acumulan e a xestión brilla pola súa ausencia requírese, un compromiso e vontade de facer e de axudar, e mais racionalización na inversión e gasto público” – di o alcaldable socialista
“Queremos facer de Foz unha cidade moderna e dinámica, sustentable, humanizando o medio urbano de forma progresiva potenciando o concepto de barrio e, á vez, protexer e coidar e a nosa contorna natural e as parroquias”- explica “Un Foz igualitario en servizos independentemente de onde se viva e, non como na actualidade, onde nos atopamos cunhas parroquias completamente esquecidas polo actual goberno, lugares onde teñen problemas para algo tan básico como o sinal de televisión, telefonía ou internet, co alumeado público e cos camiños e pistas abandonados, sen rozar e cheos de fochancas” – critica Cajoto
“Problemas básicos aos que, no caso de que os focenses nos outorguen a súa confianza, comprometémonos a dar resposta nos primeiros tempos do mandato a través dun plan urxente de limpeza e mantemento de vías e camiños e non solo rozando cando sexa a festa da parroquia ou asfaltando ás portas das eleccións como nos ten acostumados o PP no goberno, ao que vemos moi laborioso nestes días, rozando, repintando pasos de peóns etc., para logo seguir con planes periódicos de arranxo de pistas, camiños e cunetas, de limpeza e mantemento de zonas verdes, de limpeza de praias fóra do período estival, de recuperación de puntos de luz eliminados e mellora dos existentes” – compromete Fran Cajoto.
“Isto é solo unha pequena mostra das necesidades básicas que teñen os residentes do rural de Foz tan esquecidos nos últimos oito anos de goberno do partido popular en Foz á que queremos dar solución dende o Partido Socialista. Atopámonos nun momento crucial, o de recuperar o goberno municipal para acabar co desgoberno do Partido Popular. Os veciños poden estar seguros de que connosco van contar, van participar e van decidir como será o futuro que queren para Foz e as súas parroquias nos próximos anos. Estamos vendo que a resposta e a predisposición dos veciños cos que levamos falado é inmellorable”- remata Cajoto.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



