Ferrol/Viveiro, 16 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, arrancou esta xornada de campaña cunha visita a Ferrol en compañía da vicesecretaria xeral do PSOE e voceira no Congreso dos Deputados, Adriana Lastra, para arroupar a Ángel Mato.
“As enquisas dan ben, pero ninguén pode quedar na casa”, chamou así á “mobilización masiva” de toda a cidadanía que “quere ver progresar os seus concellos”. Sobre todo, como dixo Gonzalo Caballero, porque “a dereita está intentando facer destas eleccións unha segunda volta das xerais”.
Así, o líder do PSdeG advertiu de que “a dereita quere acadar nas municipais o que non foi quen nas xerais”, o que explica que un Feijóo que está “moi nervioso” dende que perdeu estea agora “tentando confundir” á cidadanía.
“Feijóo ten que explicar por que apoiou o pacto da dereita coa ultradereita en Andalucía”, sinalou Gonzalo Caballero, para reivindicar que “a estabilidade, a sensibilidade e a prioridade social dos gobernos en Galicia a representan os alcaldes e alcaldesas socialistas” fronte a un PP que “só ofrece incapacidade”.
Aludiu así o máximo dirixente do PSdeG á situación vivida neste mandato na única cidade galega na que o PP conseguiu a alcaldía, Ourense, onde nin sequera se aprobaron uns orzamentos en catro anos. “Incapacidade, inestabilidade e risco de involución”, remachou.
FERROL
É por iso que pediu que todos os votantes progresistas acudan ás urnas o vindeiro día 26 e que, no caso de concellos nos que concorren moitas candidaturas, como en Ferrol, a cidadanía teña en conta que “só hai dúas opcións”.
“Ou un alcalde da dereita reaccionaria ao que Feijóo quere colocar para facer unha fronte contra o goberno de Pedro Sánchez ou un alcalde socialista que liderará unha maioría de progreso: Ángel Mato”, resumiu Gonzalo Caballero.
A continuación, o propio candidato socialista á alcaldía de Ferrol, sinalou o desemprego e a despoboación como principais problemas da súa cidade e destacou que foi “o goberno socialista de Pedro Sánchez” o que deu “a mellor noticia económica da democracia” nesta bisbarra.
A inversión de máis de 4.300 millóns de euros en Navantia-Ferrol para construír cinco fragatas para a Armada supón, como recalcou Ángel Mato, unha década de carga de traballo para 7.000 persoas. Todo iso, valorou, unido ao forte compoñente social dun goberno que apoiou a xubilados e desempregados fronte aos recortes do PP.
“ADVERSARIO: LA DESMOVILIZACIÓN”
A renglón seguido, a vicesecretaria xeral do PSOE e voceira dos socialistas no Congreso sinalou que “la desmovilización y la abstención” son “adversarios” da cidadanía progresista, posto que “si la derecha suma, la derecha gobierna” e iso impedirá “seguir crecendo entre todos e todas y redistribuir la riqueza”.
“Hay varios partidos de la derecha, pero el día 27 no van a tener ningún problema en sumar para gobernar”, apuntou a dirixente socialista, quen pediu a toda a cidadanía que “vote” nos comicios locais e europeos.
E, no caso concreto de Ferrol, Adriana Lastra destacou “la capacidad, el rigor y la seriedad” que caracterizan a Ángel Mato, ao tempo que asegurou que é a persona axeitada para “dar á cidade o impulso que necesita” tras dúas lexislaturas nas que o goberno de Mariano Rajoy a mantivo “paralizada”.
VIVEIRO
Xa en Viveiro, Álvaro Santos, secretario provincial do PSOE, abriu o acto poñendo en valor a labor de María Loureiro, posto que amosou como “a pesares de ter recibido a peor herdanza, pódese xerar prosperidade”.
De feito, cualificou a súa xestión como “responsable e adecuada” no económico pero “se renunciar a máis e mellores servizos nin a impulsar novas inversións”.
Ademais, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, puxo o foco nos problemas de envellecemento e de perda de poboación que sofre a provincia, nos que Feijóo “non fixo nada” pese a que prometeu que esta sería “a lexislatura do rural”.
Tampouco actuou, relatou o tamén alcalde da Pontenova, en materia de servizos para maiores ou na apertura de residencias, que está impulsando a Deputación que preside.
Pola súa banda, despois de que tanto Gonzalo Caballero como Adriana Lastra sinalaran que María Loureiro é “unha magnífica alcaldesa” e chamaran a aumentar o seu respaldo o vindeiro día 26, foi ela mesma a que comprometeu traballo “para que gañe e progrese Viveiro”.
A maiores, María Loureiro destacou que “o 26 de maio xogámonos dous Viveiros”. “O Viveiro de antes, dos amiguismos, do caciquismo, onde o concello está por riba e os veciños abaixo; fronte a un Viveiro onde o equipo de goberno é un veciño máis porque non lle debe nada a ninguén e só pensa en atender as súas demandas”, concluíu.



















A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.



