Viveiro, 22 de maio de 2019.
“Feijóo pretende chantaxear aos veciños de Viveiro asegurando que se sae Alcalde o candidato do PP mellorará a estrada que vai de Viveiro a Cabreiros. É indignante que o Presidente da Xunta de Galicia, que só se lembra de Viveiro cando hai eleccións, minta descaradamente cando sabe que iso non o vai facer. E non o vai a cumprir porque hai unha realidade e é que os orzamentos autonómicos para este ano xa están aprobados e non hai prevista unha actuación deste tipo”. Así o denunciou este mércores a Alcaldesa, María Loureiro, tras a visita do Presidente da Xunta de Galicia ao Concello.
“Feijóo xa non disimula. Se o PP goberna en Viveiro traerá novos investimentos, pero se non o fai non. É dicir, confesa abertamente que leva máis de 10 anos discriminado e castigando aos veciños de Viveiro porque é o PSOE quen goberna no Concello. É dun sectarismo e un caciquismo preocupante que o Presidente de todos os galegos conciba a política desta maneira, pero xa non nos sorprende. E aos veciños tampouco. Volverá no 2020, ano de eleccións autonómicas, a prometer todas as actuacións que non fixo, pero desta vez confío en que haberá un cambio de goberno polo ben do futuro de Viveiro”.
“O PP minte cando di que somos un Concello paralizado. Eu como Alcaldesa e o equipo de Goberno fixemos todas as xestións posibles, recorremos todas as Consellerías, chamamos a todas as portas para que se desbloquearan proxectos tan importantes como o saneamento da ría, o derribo dos galpóns ou a aprobación do PXOM. Pero sempre tivemos un non por resposta. En cambio, representantes do Partido Popular pola Mariña e Viveiro, como o señor Olano, non propuxo unha soa iniciativa en 8 anos. E máis, era tal o seu desinterese polas necesidades dos viveirenses que case non asistiu a un Pleno do Concello.




















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



