Ribadeo, 4 de maio de 2019. O Concello de Ribadeo, dende a Área de Economía e Desenvolvemento, vai poñer en marcha un curso destinado a preparar os exames de Competencias Clave que se celebrarán o próximo 25 de maio en Silleda. As materias a impartir serán as de Competencia matemática Nivel 2, Comunicación en Lingua Castelá Nivel 2 e Comunicación en Lingua Galega Nivel 2.
O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “o Concello coa posta en marcha destes cursos quere apostar pola formación para empregabilidade das persoas con menores niveis de formación”.
Esta acción formativa vai dirixida prioritariamente ás persoas que estean matriculadas nestas materias nos exames do día do 25 de maio, aínda que dende o Concello indican que se non se cobren as 15 prazas dispoñibles poderían matricularse todas aquelas persoas que desexen xa iniciar a preparación para os próximos exames, que a Xunta convocará previsiblemente no ano 2020.
As Competencias Clave de Nivel 2 son necesarias para aquelas persoas que non conten cos requisitos formativos para poder acceder a cursos de formación con Certificados de Profesionalidade de Nivel 2.
A inscrición está aberta do 3 ao 7 de maio, ambos incluídos. As bases de participación estarán dispoñibles na sección de anuncios da sede electrónica do Concello de Ribadeo. A adxudicación das prazas realizarase por orde de inscrición, e terán prioridade as persoas matriculadas nos exames do 25 de maio e empadroadas no Concello de Ribadeo.
As clases impartiranse nas aulas do Concello de Ribadeo, dende o 7 ao 24 de maio, en horario de 11 a 14 horas cunha duración de 39 horas lectivas.
Para máis información as persoas interesas poderán acudir á oficina de orientación laboral do Concello de Ribadeo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



