Viveiro, 02 de maio de 2019. O novo partido independente de Viveiro, aposta polo modelo de financiación a través de microcréditos, para as eleccións do 26 de maio.
Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía de Viveiro declarou: “Sería máis sinxelo acudir e un crédito dunha entidade bancaria para sufragar os gastos, como fai calquera cidadán para comprar unha casa, un coche ou calquera gasto excepcional”
“Pero nós apostamos por novos modelos de financiación, claros e transparentes, para que Por Viveiro sexa de todas e todos, libre e aberto a todas as persoas que queiran colaborar con nós”
A formación viveirense, anuncia que o importe íntegro dos microcréditos suscritos será devolto, no prazo máximo de 12 meses dende as eleccións municipais, unha vez cobradas as correspondentes subvencións.
Todas aquelas persoas que desexen colaborar na financiación do partido, terán que cubrir un formulario a través das redes sociais, facebook e instagram, e recibirán nos seus correos a información legal e o número de conta.
A información completa dos microcréditos está en www.facebook.com/porviveiro en instagram.com/porviveiro ou no enderezo electrónico xviveiro@gmail.com