A Mariña 11-5-19. Nun sistema complexo de recursos de emerxencias, o PP engana á poboación, os técnicos de emerxencias aseguran que a misión do Pesca II non é realizar traslados sanitarios nin atende emerxencias en terra, a súa misión é marítima, realiza rescates e si que é certo que traslada a hospitais, loxicamente. Aseguran que a información dada polo PP é enganosa, o Pesca II si que realiza ocasionalmente rescates en terra en lugares de difícil acceso pero sempre con apoio do 061, xa que na dotación dos devandito recursos non dispón de médico.
Os técnicos de Emerxencias Sanitarias critican as explicacións dadas no Faro de Vigo, polo Director do 061 José Flores, na cal asegura que os recortes no servizo débense a unha modernización, “ninguén se pode crer que 3 traballan mellor que 4”. A Ambulancia Medicalizada da Mariña leva 9 anos traballando e consideran que é un servizo consolidado, o director asegura que priorizase os traslados interhospitalarios, pero os técnicos lembran que a SVA da Mariña no total de servizos o 70% do seu traballo son servizos primarios, é dicir que atendes as emerxencias na rúa como poden ser; paradas cardiorespiratorias, accidentes de tráfico e laborais, hipoglucemias, etc…
De feito polo motivo de realizar traslados en moitas ocasións a SVA atópase fóra da comarca e non está dispoñible para atender á poboación. Na devandita entrevista asegura que respectan os servizos que xa existían, os técnicos recalcan que mente reiteradamente pois este recurso leva 9 anos prestando servizo.
O persoal Técnico considera que os novos pregos para a contracción do servizo sanitario urxente discriminan á comarca da Mariña, que converten aos mariñáns en cidadáns de segunda, o 061 equivócase e despreza a unha comarca enteira.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



