Viveiro 11-5-19. Este luns 13 de maio de 2019 vanse celebrar no IES Vilar Ponte as primeiras xornadas do programa XESTOS QUE SALVAN VIDAS, proxecto creado no Hospital da Mariña con participación directa de profesionais sanitarios coordinados polo equipo directivo do centro. Esta experiencia procura difundir aquelas prácticas sanitarias que teñen demostrado ser beneficiosas para a saúde da poboación como son os tres xestos que salvan vidas: xesto de lavado de mans, xesto de masaxe cardíaca e o xesto de caricia. Os alumnos de 4º ESO do IES Vilar Ponte van poder aprender da man do persoal sanitario do Hospital da Mariña estes tres xestos básicos e, ao mesmo tempo, van ser os espalladores máis importantes destes xestos entre as súas familias e amigos, acadando o maior grao de difusión destas boas prácticas saudables entre a sociedade.
Esta colaboración entre o IES Vilar Ponte e o Hospital da Mariña é unha oportunidade excepcional para achegar ás aulas a aprendizaxe necesaria para a saúde, para a prevención da enfermidade e para o coidado dos nosos maiores.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



