Foz 11-5-19. O Colexio Martínez Otero, a instancia do seu equipo de Dinamización Lingüística, organizou durante toda a tarde do venres 10 de maio a “I CARREIRA POPULAR POLA LINGUA”, na que participaron máis de 430 persoas.
Esta carreira, que se enmarcaba dentro das actividades colexiais da semana das Letras Galegas, naceu con vontade de permanencia no tempo e coa idea de conxugar dúas paixóns que son marca de identidade do Colexio focego: o fomento do deporte e o amor pola cultura, representada, neste caso, na promoción da lingua galega.
As carreiras das categorías inferiores (pícaros, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) desenvolvéronse a partir das 15h30. Destacamos, a seguir, os podios destas categorías:
-PÍCARAS FEMININO: 1)ELCY MENDES 2)ADRIANA CANOURA 3)JULIA MILLÁN
-PÍCAROS MASCULINO: 1)ALEX LONGARELA 2) MIGUEL NIÑE 3)NICOLÁS PARDIÑAS
-BENXAMÍN FEMININO: 1) MALENA MAIERÚ 2)LEYRE REBOLLO 3)LEIRE LÓPEZ
-BENXAMÍN MASCULINO: 1)NICOLÁS MÉNDEZ 2)JAILSON CABRAL 3)ADRIÁN VILLAPOL
-ALEVÍN FEMININO: 1)AINHOA MASEDA 2)SABELA BURUNDARENA 3)LAURA FRAGA
-ALEVÍN MASCULINO: 1)ANTÓN FERNÁNDEZ 2)PEDRO LÓPEZ-LEYTON 3)IKER FRAGA
-INFANTIL FEMININO: 1) CECILI DE JORGE 2)SARA HOUSNI 3)LOURDES GARCÍA
-INFANTIL MASCULINO: 1)ANXO MÉNDEZ 2)XABIER RODRÍGUEZ 3)HUSSAM EL KHIARI
-CADETE FEMININO: 1)IRIA OTERO 2)SELWA EL KHIARI 3)ANXOS GARCÍA
-CADETE MASCULINO: 1)SERGIO GONZÁLEZ 2)JOSÉ Mª SÁNCHEZ 3)YAGO DANIEL RÍO
Para as categorías adultas establecéronse dúas modalidades de participación: a ANDAINA de 3K e a CARREIRA ABSOLUTA de 5K. Os resultados máis destacados da proba absoluta foron os seguintes:
-ABSOLUTA FEMININA: 1)SARA HOUSNI 2)MARÍA SOUTO 3)MARISOL RODRÍGUEZ
-ABSOLUTA MASCULINA: 1)ALEX VILLALBA 2)XIÁN RODRÍGUEZ 3)PABLO FERNÁNDEZ
-SENIOR FEMININA: 1)SARA HOUSNI 2)MARÍA SOUTO 3)MARISOL RAMÍREZ
-SENIOR MASCULINA: 1)XIÁN RODRÍGUEZ 2)MARCOS LOUREIRO 3)MARCOS RIVAS
-MÁSTER A FEMININA: 1)PATRICIA GALDÓN 2)JUDIT FERNÁNDEZ
-MÁSTER A MASCULINA: 1)ALEX VILLALBA 2)JULIO DÍAZ 3)XABIER VALORÍA
-MÁSTER B FEMININA: 1)NURIA DEL RIEGO 2)MARÍA ROSARIO CRESPO 3)ISABEL MONTERO
-MÁSTER B MASCULINA: 1)PABLO FERNÁNDEZ 2)CANCELEIRO CANCELEIRO 3)MANUEL VARELA
-MÁSTER C MASCULINA: 1)ALBERTO FERNÁNDEZ 2)ANTONIO SOUTO 3)RAMÓN EIRAS
Desde o Colexio Martínez Otero queremos agradecer a participación de todos os atletas das diferentes categorías, a axuda do voluntariado e o nivel de colaboración e deportividade exhibido polos participantes.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



