Lugo 7-6-19. O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, informou que a Xunta de Goberno deste venres resolveu a contratación de máis veciños desempregados, que comezarán a traballar en colectivos da provincia para reforzar a súa actividade social. Son 45 veciños que estaban no paro os que retoman a súa actividade laboral en 31 colectivos sociais a través do Tecendo Emprego.
Campos Conde explicou que “dotamos a este plan de 1 millón de euros para asumir todos os custos laborais destes novos traballadores durante un ano con axudas de entre 18.000 e 24.000 euros. Trátase dun plan que xera emprego directo na provincia, favorecendo ás persoas con máis dificultades á hora de atopar traballo, ao tempo que contribúe ao desenvolvemento dos proxectos dos colectivos sociais da nosa provincia”.
Deste xeito, dos 45 veciños contratados o 50% son mozos de entre 18 a 35 anos sen experiencia laboral; o 40% lucenses de entre 30 e 50 anos e o 10% son maiores de 50 anos. Os perfís, que son os que demandan os colectivos sociais, son variados, aínda que moitos deles están relacionados co ámbito social debido ao traballo que van desenvolver. Por exemplo: terapeutas ocupacionais, educadores sociais, traballadores sociais, técnicos de orientación laboral, psicólogos, mestres, responsables de programas de inserción laboral; así como administrativos, guías de museo e mesmo peóns.
Algúns dos colectivos nos que traballarán son: Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, ACADAR, ALUME, Cruz Roja, COGAMI, Fundación Juan Soñador, ALIAD, Raiolas, AMEIS, AGORA, FADEMUR, EDEIDADES, Colexio de Educación Especial Santa María, Asociación Provincial de Centros de Formación, Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira, Fundación do Ferrocarril, Fundación Uxio Novo Neira…entre outros
A vindeiras semana, abriremos o prazo doutros 9 novos postos de traballo.
Máis de 2.000 contratos e 29 millóns
O Presidente destacou que “co Tecendo Emprego, son un total de 2.033 novos postos de traballo os que levamos xerado na provincia durante este mandato, investindo 29 millóns de euros en programacións de xeración directa de emprego e convertendo á Deputación na institución que lidera estas políticas na provincia de Lugo”.
A Deputación de Lugo fixo un traballo social punteiro en Galicia
“Os plans que puxemos en marcha destacan polo seu marcado carácter social e por encaixar a oferta de emprego na provincia coa demanda. Fixemos que a Deputación de Lugo fose premiada por ser a primeira institución de Galicia que ofrece plans de emprego específicos para persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. O noso traballo foi recoñecido por colectivos como COGAMI, ANADE ou a ONCE”.
Grao de inserción laboral
“A media de inserción laboral das nosas programacións é do 35%. Hoxe centos de lucenses continúan nos seus postos de traballo aínda que rematase o período subvencionable da Deputación. Demostramos con feitos que somos unha Deputación coas persoas, social e rural, postos todos estes contratos se fixeron en empresas e entidades dos 67 Concellos da provincia”.
Seguinte medida: Plan de Choque
“E isto é o que seguiremos a facer. Contamos xa con fondos para un plan de emprego xuvenil no rural e queremos avanzar nun plan de choque, no que pretendemos sumar esforzos dende Deputación, Concellos, empresas e colectivos para ofrecer novos traballos en zonas rurais. O que buscamos é que persoas que estean no paro atopen traballo nos Concellos e que as administracións contribuamos ao seu asentamentos nos municipios. Por exemplo, ofrecéndolles facilidades para o aluguer de vivendas. Hai Concellos, como por exemplo o de Guitiriz, que conta con edificios municipais rehabilitados como vivendas”, adiantou.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



