Burela, 7 de xuño de 2019. Burela está presente na feira Festur, que se celebra ata o 9 de xuño en Silleda. O Concello conta con stand propio e alí haberá unha degustación de bonito o vindeiro domingo ás 12:30 horas. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, agradece a colaboración de Ledicia e subliña que Burela leva tres anos indo a esta feira pola proxección que supón para a vila e para a Feira do Bonito.
O edil socialista manifesta que “un ano máis o Concello de Burela ten presenza na feira de turismo Festur. Imos alí a promocionar a Feira do Bonito. É un evento que se desenrola en Silleda, dentro da Semana Verde, e é moi atractiva con moitísimos visitantes. Levamos tres anos indo e é unha feira que nos gusta moito porque ten moita xente que nos interesa para intentar atraela a Burela e especialmente para disfrutar da Feira do Bonito”.
Ramiro Fernández sinala que “imos facer unha degustación de bonito, o domingo ás doce e media da mañá, na que tamén estará presente o alcalde de Burela”.
O concelleiro de Turismo quere “agradecer a Ledicia, que é a organizadora da Feira do Bonito, que se prestara a colaborar con nós para facer esa degustación”. E convida “a todo o mundo que queira achegarse a Silleda a asistir a esa degustación e esperamos que os resultados que traigamos desa feira sexan que a xente saiba onde está Burela, coñeza Burela e queira achegarse a disfrutar tanto de Burela en xeral en calquera época do ano como especialmente na Feira do Bonito”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



