Burela 19-6-19. O Centro Comercial Aberto de Burela quere recibir o verán da mellor forma posible, organizando un concurso de tapas entre os locais hostaleiros da vila. En concreto serán dez os establecementos participantes: Arenal, A Marquesa, A Casa da Avoa, Casa Miranda, Cervecería Kiko, ConXeito, Hotel Nordés, Hotel O Sargo, Palacio de Cristal e Restaurante Sargo. Todas as persoas interesadas poderán desfrutar desta actividade desde a tarde do xoves 20 de xuño ao mediodía do domingo 23.
O concurso consistirá en dous premios: un concedido por un xurado profesional que outorgará o premio da mellor tapa do verán 2019; e os propios clientes, que poderán votar á súa peza favorita e elixirán o premio popular. Tanto os trípticos como as urnas de votación estarán colocadas nos establecementos participantes.
O custe da tapa é de 2 euros, e os trípticos de votación tamén se poden selar para certificar que se visitan os 10 locais. Entre as persoas que proben todas e cada unha das creacións gastronómicas, farase un sorteo de 150 euros en vales de compra nos establecementos de CCA Burela.
A asociación de comerciantes e hostaleiros quere seguir na creación dun comercio e hostalaría máis fortes, facendo medrar o sector servizos e recibir con moitas gañas un verán no que se esperan que moitas persoas de fóra de Burela veñan de visita. Porque unha vez máis e entre todos e todas, seguimos medrando xuntos.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



