Lugo, 20 de xuño de 2019. O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real presentaron este xoves, no salón de actos da Deputación, as xornadas Exaltacións Gastronómicas…E Para Comer Lugo correspondentes ao mes de xuño. Estas degustacións gastronómicas terán lugar, entre os días 21 e 30 deste mes, en 50 establecementos de hostalaría de 23 concellos da provincia.
A merluza do pincho de Burela, o cordeiro de raza ovella galega e a castaña de Galicia serán os produtos protagonistas do presente mes. Cociñados baixo diferentes estilos, estes ingredientes serán introducidos nos menús dos restaurantes que participan neste programa de promoción gastronómica da provincia E para comer…Lugo.
Na provincia de Lugo véndese máis do 70% da merluza do pincho fresca que se comercializa en toda Galicia. Os ingresos por primeira venta desta especie “raiña” de Burela ascenderon a uns 44 millóns de euros no 2018. Burela é o principal porto galego comercializador de merluza do pincho, que se captura con anzois seguindo as artes da pesca artesanal. Esta actividade, supón un altísimo impacto para o desenvolvemento económico e social desta localidade, para toda a comarca da Mariña lucense e para a provincia en xeral.
Respecto a raza Ovella Galega, existen preto de 35 ganderías desta raza. A provincia de Lugo conta case co 40%, sobre 1.100 reprodutoras, do censo da raza Ovella Galega. A venda dos cordeiros para autoconsumo e restauración constitúe unha importante fonte de ingresos para este sector. O prezo medio do quilo desta carne ascende a 10 euros. O incremento dos censos e ganderías ao longo destes últimos anos traduciuse nun importante impacto económico vital para a recuperación desta raza, que conta cada vez con mais peso, e que contribúe ao fortalecemento do sector rural.
En canto ao sector das castañas, en Galicia comercialízanse entre 15.000 e 20.000 toneladas cada ano, en función da temporada. Isto supón un volume de negocio de entre 30 e 45 millóns de euros ao ano para o sector produtor que se eleva a máis de 100 millóns de euros no sector transformador e comercializador.
As Exaltacións Gastronómicas promocionan os sectores produtivos da provincia
O propósito destas xornadas é dinamizar o sector servizos e desestacionalizar o consumo dos produtos coa fin de darlles continuidade fóra das épocas de produción. Vidal Baamonde destacou “coa campaña Exaltacións Gastronómicas que promovemos coa Asociación de Hostalaría de Lugo APEHL, fomentamos o turismo gastronómico na provincia, cada vez máis en alza. Con esta iniciativa poñemos en valor tamén a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), de Denominación de Orixe (DOP), e de Raza Autóctona con selo de calidade que teñan representación na provincia. Ademais de apoiar aos nosos produtores tamén contribuímos a dinamizar o sector servizos da provincia xerando riqueza económica”.
No acto de presentación das Exaltacións Gastronómicas do mes de xuño participaron tamén representantes dos produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (IXP), así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Na presentación participaron o xerente de ABSA Bonito e Pescada do Pincho de Burela, Miguel Neira, a representante de ASOVEGA Ovella Galega, Silvia Adán Belmonte, o técnico da IXP Castaña de Galicia, Jesús Salgado, o Presidente do Consello Regulador DO Ribeira Sacra, Jose Manuel Rodríguez, o Presidente de AFAPAN, Cesar Fieiras Pérez e a responsable de comunicación de Galletas da Veiga, Patricia Vior Lanza.
Calendario de Exaltacións Gastronómicas
Cada mes realizaranse estas xornadas gastronómicas exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha terá unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes. Na web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



