Burela 19-6-19. O ala-peche Néstor Valle Gómez, máis coñecido como Nito, dará o salto ao fútbol sala sénior vinculándose ao Pescados Rubén Burela FS para as tres vindeiras tempadas. O presidente, Manuel Blanco Fanego, e a Xoia Laranxa pecharon o acordo, explicando que o futuro inmediato do xogador estará nas filas do Santiago Futsal, en calidade de cedido, en 2019-20.
O ata agora xuvenil, que puido gozar nesta última tempada non só de compartir vestiario e traballo co equipo campión de Segunda LNFS senón tamén de catro experiencias internacionais con España Sub-19, amosouse moi motivado con este novo reto: “Estou moi ilusionado e moi agradecido ao club por darme esta oportunidade de seguir formándome no fútbol sala e de contar comigo. Espero facer as cousas ben, con minutos, nesta etapa en Segunda División. Non será todo novo para min en Santiago; xa coincidín con algún xogador na selección e coñezo a moitos outros” explicaba o laranxa, que vivirá a súa primeira experiencia fóra da estrutura burelista.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
