Lugo, 5 de xuño de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo, avanzou este mércores, que o servizo de Teleasistencia gratuíto da Deputación, atende a día de hoxe a 1.640 maiores da provincia. Durante os primeiros 5 meses do ano, formalizáronse 159 novas altas e realizáronse, dende o Centro de Atención, un total de 15.083 chamadas de seguimento. A diferencia da Xunta de Galicia, o Executivo Provincial ofrece esta prestación, financiada con máis de 320.000 euros, a persoas catalogadas como dependentes e tamén a usuarios non dependentes.
Esta prestación, garante atención as 24 horas do día e os 365 días do ano a todos os maiores da provincia que teñan dificultades na súa autonomía, favorecendo a permanencia e a integración no entorno familiar e social das persoas usuarias deste servizo. Deste xeito, os beneficiarios e os seus familiares gozan dunha maior tranquilidade sabendo que, a pesar de vivir sos, na maioría dos casos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxencia. Os usuarios reciben un completo seguimento a través de visitas de coordinación ou comunicacións e chamadas diarias, semanais ou quincenais, dependendo da situación do usuario.
O perfil maioritario das persoas que reciben este servizo gratuíto é o de mulleres maiores de 80 anos. Dende o mes de xaneiro, realizáronse un total de 6.546 chamadas, das cales 142 foron por emerxencia; mentres que o Centro de Atención emitiu un total de 15.083 chamadas aos usuarios, co fin de realizar un seguimento personalizado.
Usuarios por comarcas
– Na Comarca da Mariña son un total de 497 usuarios: 11 na Pontenova; 130 en Ribadeo; 19 en Trabada; 30 en Barreiros; 35 en Foz; 17 en Lourenzá; 40 en Mondoñedo; 35 en Alfoz; 24 en Burela; 5 no Valadouro; 10 no Vicedo; 93 en Viveiro; 4 en Xove; 30 de Cervo; 6 en Ourol e 8 usuarios en Riotorto.
– Na Comarca da Terra Chá son un total de 287 usuarios: 12 en Pol; 8 en Meira; 13 en Abadín; 5 en Muras; 29 en Castro de Rei; 17 en Cospeito;30 en Guitiriz; 43 na Pastoriza; 74 en Vilalba; 36 en Xermade e 20 usuarios en Begonte.
– Na Comarca de Lugo son un total de 219 usuarios: 11 en Castroverde; 140 en Lugo; 22 no Corgo; 10 en Friol; 3 en Guntín; 10 en Outeiro de Rei; 4 en Portomarín e 19 usuarios en Rábade.
– Na Comarca da Ulloa e Chantada son un total de 132 usuarios: 11 en Antas de Ulla; 9 en Monterroso; 22 en Palas de Rei; 15 en Carballedo; 53 en Chantada e 22 usuarios en Taboada.
– Na Comarca da Montaña son un total de 88 usuarios: 25 na Fonsagrada; 12 en Baleira; 1 en Negueira de Muñiz; 16 en Baralla; 12 en Becerreá; 8 en Cervantes; 2 en Navia de Suarna; 2 nas Nogais; 2 en Pedrafita do Cebreiro; 4 en Folgoso do Courel e 4 usuarios no Concello de Ribeira de Piquín.
– Na Comarca de Lemos son un total de 312 usuarios: 17 en Bóveda; 116 en Monforte de Lemos; 29 en Pantón; 15 na Pobra do Brollón; 25 no Saviñao; 34 en Sober; 46 en Quiroga e 30 usuarios no Concello de Ribas de Sil.
– Na Comarca de Sarria son un total de 105 usuarios: 13 no Incio; 6 en Láncara; 13 en Paradela; 4 en Samos; 67 en Sarria e 2 usuarios no Concello de Ribas de Sil.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



