Burela, 16 de xuño de 2019.- Os concelleiros electos do PP no Concello de Burela aclaran que a Xunta de Galicia está a incrementar esta anualidade a súa colaboración coa competencia municipal de salvamento e socorrismo en praias pese a que “Llano prefira centrarse unha vez máis na mentira”.
Os populares explican que a Xunta de Galicia financiará este verán un total de 8 socorristas, que vixiarán os areais de Burela por una período de dous meses, o que implica unha colaboración por parte do Goberno galego superior aos 28.500 euros.
Os edís electos poñen en valor o compromiso do executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo, que permite que a localidade conte grazas á Xunta esta anualidade cun socorrista máis que no 2018, “non menos como di o alcalde” e durante o mesmo tempo. Deste xeito, a achega supera en 4.206 euros á de 2018.
Os populares consideran que o bo funcionamento dun Concello pasa pola colaboración entre institucións, “tal e como pon de manifesto sempre a Xunta de Galicia, que só atopa en Llano a crítica constante, sen ser quen de valorar a importancia deste apoio do Goberno galego cun servizo moi necesario para garantir a seguridade das persoas que pasan as súas xornadas nas nosas praias”.
Ademais, dende o PP amósanse críticos coa actitude do PSOE asentada “non só na mentira, senón tamén no pasotismo”, xa que “ano tras ano limítanse a repetir as mesmas queixas sobre a insuficiencia no número de socorristas, pero dende o Concello non actúan para remedialo”. Os populares informan que dende o Concello se poderían acoller por exemplo a cursos de formación gratuítos que ofrece a Xunta de Galicia para paliar o déficit de profesionais neste eido, “como si fan outros Concellos, pero que dende Burela non se solicitan”.
Polo tanto, os concelleiros electos agradecen esta iniciativa colaboradora por parte da Xunta de Galicia que cada ano se “volve máis necesaria e importante, pois a nosa zona cada vez recibe un maior número de visitantes que elixen os nosos areais” ao tempo que “rexeitan a actitude de Llano”.

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



