Ribadeo, 26 de xullo de 2019. A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un obradoiro de Robótica que se celebrará o 9 de agosto. Está dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre 9 e 16 anos. O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición será do 29 de xullo ao 5 de agosto. Esta actividade, incluída no programa Tech Kids de Amtega, pretende iniciar os mozos e mozas na programación dun xeito entretido separando ao alumno ou alumna da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot.
A concelleira de Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, comentou que “o día 9 de agosto, desde as dez da mañá ata as dúas da tarde, se vai celebrar un obradoiro de robótica dirixido a mozos e mozas entre 9 e 16 anos”.
A edil ribadense dixo que “este obradoiro se inclúe no programa Tech Kids 2019 de Amtega en colaboración co Aliado Dixital-Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. As prazas son totalmente gratuítas, pero é necesaria a inscrición que se vai desenvolver desde o día 29 de xullo ata o 5 de agosto, ambos inclusive”.
Álvarez Lastra sinalou que “a forma de inscribirse é presencial na Aula CeMIT de Ribadeo, no teléfono 982 120 732 ou online. As prazas son limitadas, soamente vai haber 14. Trátase de facer e programar robots. O programa máis detallado poden atopalo na páxina da Aula CeMIT do Concello de Ribadeo”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



