Burela, 31 de xullo, 2019. O pivote zurdo Jacobo Amoedo estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, na presentación de laranxa. “Eu caracterízome por ser un traballador incansable, creo que esa é a única forma de conseguir resultados” explicaba o xogador natural de Pazos de Borbén que volve á liga española, estreándose na Primeira División, despois de tres tempada en Italia.
Amoedo, de 26 anos, arrancará oficialmente a pretempada co Pescados Rubén Burela FS mañá, con dobre sesión, no Monte Castelo e en Vista Alegre. “É un reto moi bonito. Dende a primeira chamada de Juanma xa me fixo moita ilusión; tiña ganas de volver a España. Nunca se sabe cando vai ser o momento. Sempre tiven ganas e ilusión por xogar preto da casa. Cando me xurdiu esta oportunidade non o pensei dúas veces” explicaba o novo laranxa.
Axed Groupo Latina, da Serie A, foi o destindo do xogador en 2016-17 desde o Bembrive de Segunda B. En 2017 ascendeu á Serie A1, onde militou con Meta Catania nas dúas últimas campañas. Como un dos catro reforzos mariñáns regresa a España: “Espero incorporarme ben, creo que hai un bo grupo e creo que os compañeiros e corpo técnico me van axudar para adaptarme axiña. Vexo unha Primeira División moi esixente, con todos os equipos moi reforzados. O meu obxectivo é o do equipo; como di Juanma, é ir partido a partido e así o faremos para conseguir manternos na categoría” explicaba o galego.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
