Este pasado mes de xuño celebrouse o Pleno de Organización do Concello de Xove. O Goberno continuísta saído das urnas deunos a coñecer un aumento das persoas que van cobrar do erario público municipal, medrando de catro a cinco as liberacións políticas. Dúas destas dedicacións son totais (parécenos ben) e as outras tres serán parciais (parécenos mal). Voume explicar: tanto nos ten en quen recaia tanta liberación, pero no Grupo Municipal Nacionalista entendemos que dúas dedicacións totais son suficientes para rexer os destinos dunha poboación de tres mil habitantes. Así e todo, non houbo negociación posible e o PP impuxo a súa maioría absoluta: sete contra catro.
Segundo aclaran dende a alcaldía, ao parecer non se vai gastar máis. Disque incluso “van aforrar” (sic). Aínda que a realidade semella outra ben diferente. As dedicacións parciais tripartitas custarán o mesmo que na pasada lexislatura, certo, pero o salario do alcalde increméntase por arte de maxia en dous mil euros ao ano. Polo tanto, resulta obvio que as liberacións políticas van supoñer máis gasto debido a esta autoimposición do soldo máximo que permite a lei para o primeiro edil da corporación. Xa sabedes que quen parte e reparte… Aínda así, o que nos deberiamos preguntar é se esta suba redundará nunha mellor acción de goberno. Nós estamos convencidos de que non.
De onde sacan logo os do PP esa teima de que “van aforrar”? Pois a resposta é ben sinxela: como todas as comenencias non collen nun saco, as mentes escuras dos populares pensaron que sempre será mellor amolar aos do Bloque e, de paso, enganar a opinión pública. O Goberno local decidiu rebaixar as asignacións dos grupos políticos que conformamos o Pleno para evitar que se faga política en Xove. Simplemente queren erradicar calquera tipo de oposición. Buscan mansedume e por iso nos recortan o financiamento. Éche a política farisea dos que non cren na democracia.
Finalmente a subvención pública mensual ao Grupo Municipal Nacionalista reducirase nun 40%, algo que endexamais se expuxo polo PP nos momentos máis duros da crise económica. Iso si, tampouco se viron nunca tan ameazados por un equipo con vocación de goberno como o noso. E toda esta perrencha do PP de Xove, a que vén? Pois vén porque a eles aféctalles moi pouco esta medida, xa que é sabido que a labor política do Grupo Municipal Popular adoita facerse dende a alcaldía. O malo é que para nós eses cartos son necesarios para editar o Aguillón, organizar reunións veciñais, mercar material ou facer esas charlas informativas que tanto se agradecen. Para facer oposición, en definitiva.
Temos claro que dende o Goberno local quérennos meter paus nas rodas no canto de poñerse eles a traballar. Quérennos arrinconar e castigarnos. Quérennos calados e sen iniciativa. Quérennos mansos para poderen facer e desfacer ao seu antollo. Pero vailles saír furada, porque aínda con poucos recursos, temos a ilusión intacta e somos xente creativa. Somos xente con boas ideas, así que vádevos preparando. Esta lexislatura non fixo máis ca comezar e temos pensado continuar alzando a voz na defensa do pobo de Xove todas as veces que sexa necesario. Así o decidiu o electorado e así vai ser. Catro contra sete.
Carlos Fernández Louzao. Concelleiro de BNG Xove.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



