Ribadeo 3-7-19. Ao fio do chegada masiva de mosquiñas, presuntamente a través do porto de Figueirúa, faremos algúns comentarios históricos e actuais.
En primeiro lugar lembrar que a Ría de Ribadeo foi declarada Zona de Especial Protección de Aves o día 21 de Novembro de 1988 e como tal, por aplicación da lexislación vixente debera terse redactado un PORNA (Plan de ordenación dos recursos naturais), pero nengún grupo político no ámeto municipal, galego ou estatal prantexou nunca algunha proposta neste senso, como tampouco os deputados autonómicos, nen os representantes na deputación provincial. Nas recentes eleccións municipais o noso grupo prantexou a necesidade de iniciar xestións nese camiño, pero como é sabido non conquerimos representación na nova corporación.
A redacción de un PORNA levaría aparellado un proxecto económico (entre outro moitos temas) para as diferentes actividades na Ría de Ribadeo, entre elas o Porto Comercial de Figueirúa.
No ano 1991 iniciouse a construcción da escollera, pero non se redactou un Estudo de Impacto Ambiental, incumplindo a lexislación ca disculpa de que era unha “ampliación dun porto xa existente” e chamándolle ao porto deportivo “Puerto de Embarcaciones Menores”, unha figura administrativa inexistente, porque a normativa de Impacto Ambiental obligaba literalmente a realizar este estudo nos portos deportivos. Tampouco se fixo o Estudo de Dinámica Litoral que esixia a Lei de Costas e so o deputado de UG Domingo Merino apoiou unha reivindicación tan sinxela como o simple cumplimento da lexislación vixente. No Parlamento Galego e no concello de Ribadeo o BNG e o PP fixeron un tándem aplastante para que non saise adiante nengún prantexamento ou debate alternativo. Na propaganda daqueles tempos xogaba un papel destacado a mensaxe de que “xa non se iban necesitar mais dragados”, sen comentarios.
Nos anos seguintes a Plataforma Pola Defensa da Ria de Ribadeo mantivo unha certa actividade, que tamén coincidiu en varias ocasións ca AAVV O Tesón. Con distintos motivos publicáronse artigos demandando un Plan Estratéxico para o Porto de Figueirúa e unha Estación de Transferencia e depósito de Mercadorías, pensando fundamentalmente na madeira, nalgúnha zona próxima ao porto e á estrada de circunvalación (en proxecto ou en obras). Folga suliñar que nengún grupo político municipal nen nengún deputado se fixo eco desta proposta nen cousa semellante. Anque recentemente o noso grupo volveuna prantexar cara ás eleccións municipais.
No ano 2001, concretamente o 26 de Agosto, celebrouse unha manifestación en Ribadeo para protestar polo proxecto de recheo de 8000 metros cadrados na dársena do Porto de Figueirúa. Tampouco se fixo estudo de dinámica litoral e dado que no goberno municipal estaba o PP, algún membros da oposición deixáronse caer pola manifestación sen dar outros apoios mais consistentes a nivel galego ou estatal. Fíxose o recheo e duas naves mais. Ninguén prantexou o mais mínimo análise ou debate sobre os pros e contras destas actividades sen nengún tipo de rigor, sen proxectos estratéxicos, sen debates públicos e gastando os cartos tontamente. A Plataforma e o Tesón non puideron facer outras cousa que manifestarse unha vez mais.
Polo medio dragados na ría, deterioro medio ambiental, degradación económica, ensanchamento das cepas da ponte contravindo a lexislación de impacto e a resolución correspondente e silencio absoluto das autoridades e ribadenses distinguidos. En fín xestión medioambiental nula e imaxen pésima cara ao gran evento do ano.
EN MAREA RIBADEO


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



