Burela, 5 de xullo de 2019. O vindeiro luns, 8 de xullo, dará comezo unha nova edición das Rutas da Lonxa que se prolongarán ata o 31 de agosto. Trátase do segundo ano no que Absa (Armadores de Burela) e o Concello levan adiante esta iniciativa. As visitas serán os luns, en horario de 18:30 a 19:30; os martes, mércores e xoves ás 19:30 e 20:30 horas; e os venres ás 19:00 e ás 20:00 horas. As inscricións deben facerse na Oficina de Turismo, agás os luns que terán que realizarse con antelación. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, subliña que estas visitas son unha maneira de poñer en valor o traballo dos mariñeiros e tamén o valor do peixe.
O edil burelés anunciou que “por segundo ano, o Concello de Burela en colaboración con Absa, imos iniciar as Rutas da Lonxa. O ano pasado era a primeira vez que se facían estas visitas organizadas pola lonxa de Burela. Foron un auténtico éxito e esperemos que este ano tamén sexan un éxito”.
Ramiro Fernández sinalou que “as visitas van empezara partir do luns, 8 de xullo, e acabarán o 31 de agosto. Van estar compostas por grupos de trinta persoas, é a limitación que nos poñemos porque, tendo en conta que estamos nunha zona de traballo, xestionar un grupo máis grande diso sería complicado. As visitas van ser durante a semana en diferentes horarios, e a inscrición vai ter que ser de maneira presencial na Oficina de Turismo (situada no porto), porque a xente vai ter que asinar un papel onde se lles explicarán unhas normas mínimas para poder entrar na lonxa, que é unha zona de traballo. Imos ter unhas pautas de comportamento na visita e ademais os participantes van ter que asinar un papel de responsabilidade de que se están metendo nunha zona de traballo, e iso ten uns altos riscos que hai que intentar controlar”.
O concelleiro de Turismo engade que “a inscrición se vai facer na Oficina de Turismo de maneira presencial, salvo os luns que por motivos de descanso do persoal non vai haber xente alí co cal vai haber que reservar con antelación. O resto dos días poderán facerse as inscricións o mesmo día das visitas”.
Fernández Rey agarda que “estas Rutas da Lonxa sexan un éxito como foron o ano pasado, que estamos seguros de que vai ser así porque á xente gústalle moitísimo ver o que é unha poxa de peixe. Tamén é unha maneira de poñer en valor o traballo dos mariñeiros e o valor do peixe. É unha visita moi atractiva e vaise proxectar ademais un vídeo para explicar todo o proceso. O ano pasado fixeron a visita en torno a 1.200 persoas e esperemos que este ano se cumpran esas expectativas”.
As Rutas da Lonxa foron presentadas este mediodía polo xerente de Absa, Miguel Neiras, e polo concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, no porto de Burela.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



