Lugo, 18 de xullo de 2019.- A Consellería do Medio Rural achegará máis de 1.130.000 euros na provincia de Lugo a 126 beneficiarios das subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes. Estes apoios están destinados a titulares de montes veciñais en man común, agrupacións e mancomunidades e a Sociedades de Fomento Forestal (Sofor).
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estas achegas contribúen a minorar os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos montes e, en conxunto, garantir a protección axeitada á fauna, a flora e á paisaxe do territorio.
Con este obxecto a Xunta ofrece dúas liñas de subvencións: unha para o control selectivo de combustible forestal e outra para a construción de puntos de auga. Son ademais accións deseñadas polos propios solicitantes que presentan un plan de traballo con este obxecto e que se comprometen a levar a cabo estas tarefas nun prazo de catro meses desde a notificación da axuda concedida.
A porcentaxe que se subvenciona pode chegar ao 100% do custe destas accións, polo tanto, as comunidades beneficiarias só deberán achegar o IVE.
“Estas axudas distribúense por todos os distritos forestais de provincia e chegan a 37 concellos lucenses, con cantidades que oscilan entre os 2.800 e os 25.000 euros, en función das actuacións a executar e o número de hectáreas”-explica Balseiro.
No conxunto de Galicia, o montante destas subvencións superou os 4,5 millóns de euros e chegan a máis de 500 beneficiarios. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



