Viveiro, 30 de xullo, 2019. O BNG de Viveiro urxe á Xunta axilizar a formalización do contrato coa empresa adxudicataria da obra, entre outras, de reforzo do firme da estrada LU-161 (Viveiro-Ferreira), así como a data da acta de comprobación de replanteo co obxecto de acurtar os prazos e dar comezo estes traballos tan urxentes e vitais para mellorar as condicións de circulación das persoas usuarias desta estrada autonómica que se atopa desde hai anos, nunhas condicións de abandono total e un avanzado grao de deterioro.
Esta estrada conta ademais cun trazado que a fai moi perigosa e unha escasa anchura, cunetas en mal estado e sen beiravías, motivo polo cal a Portavoz Municipal do BNG, Miriam Bermúdez, considera básicas e fundamentais pero insuficientes estas obras de parcheo, xa que non só é necesario o reforzo deste firme, se non que precisa dunha actuación integral de mellora e acondicionamento da mesma. Ademais da seguranza para xs usuarixs e achegar Viveiro e Ourol á Mariña Central, suporía favorecer a economía local dos concellos que atravesan esta estrada autonómica e dos seus concellos limítrofes.
Os traballos de reforzo do firme desta estrada autonómica, incuídos dentro da obra licitada baixo o título: Reforzo de firme localizado nas estradas LU-151, LU-160, LU-161 e outras, e clave LU/18/154.02, foron adxudicados o 23 de xullo de 2019 logo de que, á comezos de xaneiro de 2019, a Consellería de Infraestrutura e Mobiliade da Xunta de Galiza recoñecese o mal estado do firme desta estrada, e se comprometese a incluir os traballos de mellora deste vial no Plan de Reforzos de Firme ao grupo parlamentar do BNG, que demandara no 2018 en sede parlamentar a adopción de medidas urxentes para executar obras de mellora e acondicionamento nesta estrada autonómica, e mesmo o BNG na Comarca da Mariña promovera unha concentración veciñal no mes de xuño de 2018 a altura das fábricas de Hidrofersa e Vestas de Chavín.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



