Cervo, 15 de xullo de 2019.- O Concello de Cervo acollerá o venres, 19 de xullo, e o sábado, 20 de xullo, as xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio”, organizadas que se desenvolverán en escenarios do noso municipio como a Casa do Mar de San Cibrao, o Museo do Mar ou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
Tal e como explicou a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés “trátase dunha actividade divulgativa gratuíta que é unha oportunidade única para poñer en valor todo ese rico patrimonio que atesoura o noso municipio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasado”.
García Caramés recordou que a inscrición para estas xornadas, que están dirixidas a todas as persoas con curiosidade e que desexen coñecer en profundidade a historia do noso municipio, continúa aberta no teléfono 982595157 ou no correo casadacultura@concellodecervo.com.
As xornadas contarán coa participación de relatores de primeiro nivel como o Catedrático de Historia das Institucións Económicas da USC, Xoan Carmona Badía; o profesor da USC e investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Carlos Andrés González Paz; a doutora de CC.SS. da Xunta de Galicia, Herminia Pernas; a experta en xestión do Patrimonio Cultural, licenciada en Xeografía e Historia e conservadora do Museo Provincial de Lugo, Silvia Fiallega; o profesor de filoloxia, escritor, poeta e dramaturgo, Paco Rivas; o conservador do Centro de Interpretación do Camiño de Mondoñedo e licenciado en Xeografía e Historia, Juan Ramón Fernández Pacios; o profesor da UNED e investigador do Grupo de Pesca da USC, José María Leal Bóveda; e o graduado en Historia da USC, Adrián Cao.
O venres, 19 de xullo, ás 10:00 horas, na Casa do Mar, está prevista a inauguración das xornadas; e ao longo dese día haberá charlas divulgativas complementadas con diferentes roteiros por San Cibrao; con escenarios como a Ponte Románica, o Museo do Mar, as antigas Fábricas de Salgadura ou o Faro de San Cibrao.
O sábado, 20 de xullo, tamén están previstas diferentes relatorios con saídas de campo que permitirán aos participantes a coñecer un pouco más sobre a historia do Complexo Industrial de Sargadelos e da arquitectura indiana no Concello de Cervo. Ese mesmo día, ás 20:00 horas, será a clausura da actividade.
Nas xornadas abordaranse todas as épocas históricas relacionadas co noso territorio, dende o desenvolvemento dos portos na Idade Media ata a conflitividade social, sen esquecer a historia do Complexo Industrial de Sargadelos, a visión da muller e os traballos que desempeñou na sociedade mariñeira; os ataques corsarios nas nosas costas e as defensas litorais; ou a fraseoloxía mariñeira, entre outras temáticas.
Tal e como precisou Caramés “estas xornadas nacen co obxectivo de consolidarse no tempo, pretendemos que sexa unha data marcada no calendario, que nos permita sumerxirnos en interesantes etapas da nosa historia que descoñecemos”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



