Cervo, xullo de 2019.- O Concello de Cervo vén de incrementar as dotacións do Complexo Deportivo da Veiga, que comprende o Pavillón municipal, o campo de fútbol e dúas pistas de pádel, cun novo desfibrilador semiautomático, tal e como informou ou rexedor, Alfonso Villares, quen se desprazou ata as instalacións acompañado polo edil de Protección Civil, Alfredo Fernández, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e o responsable do G.E.S de Cervo, Mario Antuña,
Villares sinalou que “aínda que sabemos que a súa implantación non é obrigatoria, consideramos e valoramos que sempre resulta positivo dispoñer dun aparello fixo nunhas instalacións como estas, nas que se desenvolven a diario múltiples actividades deportivas; polo que se ve reforzada a seguridade”.
Este desfibrilador –engadiu- “súmase así a outros tres que temos no municipio, un que vai incorporado no vehículo de emerxencias municipal, preparado para atender no menor tempo posible calquera urxencia cardíaca que se poida presentar; un segundo instalado temporalmente na Praia do Torno durante o verán (o resto do ano está ubicado noutro
vehículo de emerxencias); e un terceiro que está ubicado na piscina municipal de Lieiro; que foi cedido pola Fundación Alcoa”.
O persoal municipal das instalacións deportivas está en posesión da formación requirida nesta materia pola Comunidade Autónoma de Galicia.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



