Lugo, 26 de xullo de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé, acompañado de deputadas e deputados do grupo provincial socialista, presentou este venres a composición do Goberno dos vindeiros catro anos, planificado, subliñou, “para ser o máis útil posible á provincia, a través dos Concellos e do tecido asociativo”. Así, a estructura e designación de áreas de actuación teñen como obxectivos fundamentais “responder coa máxima eficacia ás necesidades dos Concellos e dos veciños e veciñas e impulsar o desenvolvemento da provincia a través do reequilibrio e a cohesión social e territorial”.
Tomé definiu ao grupo de deputados e deputadas socialistas como “un equipo sólido, cunha longa experiencia na gobernanza e xestión da administración pública na que acadamos resultados moi positivos nos nosos respectivos cometidos, e, sobre todo, temos moita iniciativa e ganas de traballar pola provincia con honestidade, eficiencia, diálogo, transparencia e proximidade á cidadanía”.
Ademais das funcións propias da Presidencia, como dirixir o Goberno e a Administración, representar á Deputación ou convocar e presidir os Plenos, entre moitas outras, José Tomé asume a área de Xestión Territorial, que inclúe as materias de Vías e Obras, Parque Móbil e Unidade de Proxectos. O Presidente tomou esta decisión, segundo explicou, porque, “ademais de coordinar e dirixir o Goberno, quero implicarme directamente na xestión para impulsar e garantir o reequilibrio social e territorial do que falaba. É unha cuestión á que lle vou prestar total empeño e dedicación, non só establecendo este obxectivo como directriz transversal en todo o Goberno, senón dirixindo a área de Xestión Territorial, tal e como fixen no pasado mandato no Concello de Monforte, e parece que deu bo resultado”.
As restantes áreas son as seguintes:
– Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo. Pilar García Porto será a Deputada responsable, e tamén será, como xa anunciou o mércores o Presidente, a voceira socialista do Goberno. Despois de 8 anos asumindo distintas responsabilidades na Deputación, a deputada “coñece perfectamente esta casa e a súa xestión, ademais de ser técnico especialista en Hostalería e Turismo”, indicou José Tomé.
– Área de Promoción Económica e Social. Estará ó cargo de Pablo Rivera Capón, “unha persoa que igualmente acumula xa unha dilatada experiencia de xestión tanto no ámbito privado como público, e nesta institución, en diversos eidos relacionados coa delegación que agora vai asumir”, sinalou o Presidente. Esta área leva aparelladas as materias de Proxectos Europeos, Innovación e TIC,s, Transparencia, Emprego e Benestar Social.
– Área de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas. Desta competencia seguirase ocupando, como no último mandato, Mayra Gómez Bermúdez “pola súa formación académica”, explicou Tomé, “pola súa traxectoria, e porque as cousas cando van ben e funcionan, non hai que cambialas. Este é un exemplo”.
– Área de Participación Cidadá. O Presidente decidiu dedicarlle unha área específica a esta materia porque “lle queremos dar un protagonismo singularizado á comunicación directa coa veciñanza”. Dela ocuparase Roberto García Pernas, “unha persoa que polo seu perfil persoal e profesional creo que pode impulsar a participación da cidadanía e establecer así unha relación bidireccional Deputación-veciñanza, veciñanza-Deputación”, engadiu.
– Área de Muller e Igualdade. Como recolle o pacto de goberno, explicou o Presidente, o impacto de xénero estará presente en todas as accións que se realicen dende a Deputación, pero ademais a igualdade terá unha área cun peso específico no Goberno, que dirixirá María Loureiro García, “unha persoa comprometida coa necesidade de concienciar e impulsar accións para avanzar cara a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, unha base fundamental para acabar coa lacra da violencia de xénero”.
– Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos. O responsable deste eixo estratéxico da acción da Deputación será Xosé María Arias, “un moi bo coñecedor das necesidades dos Concellos pola súa dilatada traxectoria como Alcalde e tamén como Deputado provincial. Por iso saberá impulsar medidas que axuden aos Concellos a garantir a prestación integral e axeitada de servizos públicos ós veciños e veciñas”, indicou José Tomé.
– Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento. Ana González Abelleira será a encargada de dirixir esta área. “Pola bagaxe de coñecemento na administración municipal que lle proporcionou a súa xestión como Concelleira poderá contribuír á modernización e innovación da Deputación e dos concellos da provincia a través da formación continua e de calidade dos empregados públicos, así á educación pública de calidade e de excelencia, e á implementación da economía do coñecemento”, afirmou Tomé.
– Área de Medio Ambiente. José Luis Raposo, explicou o Presidente, “unha persoa coñecidamente comprometida co desenvolvemento territorial, asume a tarefa de seguir promovendo que a inmensa riqueza medioambiental coa que contamos na provincia se converta en oportunidades económicas que xeren emprego e asenten poboación, ademais de velar pola protección e conservación dos espazos naturais propiedade da Deputación”.
– Área de Recursos Sostibles. Roberto Fernández Rico estará á fronte desta área, centrada na xestión e impulso do Centro de Recría e a finca Gayoso Castro, e a finca do Pazo de Tor. Coa creación desta área, que non existía, argumentou José Tomé, “damos un tratamento singularizado a estes importantes recursos co fin de convertelos nun referente e nun elemento tractor para o sector primario de Lugo”.
Xunta de Goberno, Pleno e comisións informativas
Polo demais, o Presidente informou de que a Xunta de Goberno estará formada por 9 deputados. Ademais de pola súa persoa, integrarán este órgano: Tareixa Antía Ferreiro Tallón, Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Mayra García Bermúdez, Roberto Fernández Rico, Xosé María Arias Fernández, José Luis Raposo Magdalena e Mónica Freire Rancaño.
Crearanse dúas Comisións Informativas, dentro do obxectivo de “simplificar o funcionamento da Corporación facéndoo máis efectivo e dinámico”, sinalou Tomé. Serán a Comisión Xeral de Asuntos do Pleno e a de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, que presidirá o Presidente e terán 3 integrantes do grupo provincial do PP, 3 do PSOE e 1 do BNG.
Por outra banda, mantéñense a periodicidade e a hora das sesións ordinarias do Pleno –os últimos martes de mes, ás 11:00h- e das Xuntas de Goberno -o venres de cada semana, ás 11.00h-.
Con respecto ás áreas que xestionará o BNG, o Presidente sinalou que serán os deputados nacionalistas os que darán conta da súa organización interna por respecto á autonomía de xestión de cada grupo que conforma o Goberno. As competencias que asumen son: Deportes, Artesanía e Deseño, Memoria Histórica, Medio Rural, Mar, Mocidade, Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



