Mondoñedo, 15 de xullo de 2019.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’. A novidade na edición deste ano é unha categoría só para o rural, con dous premios e outra para o casco urbano, baixo a que se concederán catro premios.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, explica que grazas a este tipo de iniciativas, xunto a outras moitas, Mondoñedo resultou gañadora do Premio Parabéns desta edición, concedido pola Xunta.
Precisa que se trata dun concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén un pequeno muro que poida incorporar macetas ou xardíns verticais, por exemplo”.
A quen está dirixido
Poden participar todos os particulares que dispoñan de balcóns ou ventás que reúnan as condicións mínimas necesarias para ser decorados ornamentalmente con flores e plantas. O concurso establece este ano dúas categorías: casco urbano e zona rural.
As inscricións poden facerse a través do correo concursodebalcones@gmail.com ou no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. O prazo para anotarse remata o mércores 31 de xullo. Haberá que indicar o nome, apelidos e DNI do participante, xunto ao enderezo do balcón e un teléfono de contacto.
Elementos a valorar
O concurso prolongarase todo o verán, ata finais de agosto, período durante o cal o xurado realizará visitas periódicas nas que vai valorar: o estado de conservación e mantemento dos balcóns inscritos no concurso; a orixinalidade na ornamentación; a variedade, calidade e cantidade florística; o adecentamento da fachada e o resultado global; a colocación de elementos accesorios, tales como xardineiras, colgantes…; o enxeño ou capacidade para acadar unha decoración óptima en vivendas que carezan de balcóns ou que, a priori, non reúnan as mellores condicións para participar no certame.
Premios
O Concello de Mondoñedo concederá unha contía económica para cada un dos premiados e todos recibirán diploma acreditativo.
A presidenta do xurado será Claudia del Pino. O resultado do concurso darase a coñecer durante a primeira semana do mes de setembro. A entrega de premios será no salón de plenos da Casa do Concello nunha data a concretar. A autora do cartel anunciador deste ano volve ser a artesá Julieta Vargas.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



