Viveiro, 26 de xullo de 2019. O mércores, 24 de xullo de 2019, celebrouse a mesa de contratación para apertura de ofertas da seguinte obra, facendo posteriormente a correspondente proposta de adxudicación:
– Dotación de saneamento, pluviais, abastecemento, alumeado público e mellora do firme entre as rúas Verxeles e a Avda. Xunqueira-Estrada de Betanzos (Camiño Vello), Viveiro (Lugo), que ten un presuposto de contrata de 94.687,85 €, incluída no Fondo de Compensación Ambiental.
O vial obxecto do presente proxecto denomínase Camiño Real Verxeles e a actuación concreta vaise desenvolver no tramo comprendido entre a rúa Verxeles e a Estrada LU-540. O seu trazo sinuoso e a tipoloxía edificatoria das edificacións que a flanquean confírenlle unha singularidade especial, mantendo a día de hoxe unha gran parte do seu trazado a tipoloxía propia dun antigo acceso ao casco histórico de Viveiro.
A rúa está actualmente dotada dos servizos de rede de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e alumeado público. Ditos servizos foron realizados hai máis de 30 anos co que debido ao uso e crecemento urbanístico quedaron obsoletos, sendo as seccións de tubería existente insuficientes para garantir o bo funcionamento dos servizos urbanos. O vial atópase pavimentado con aglomerado, que nalgunhas zonas está totalmente deteriorado, dificultando nalgúns casos o tránsito tanto peonil como rodado.
En base a esta situación, preténdese realizar as seguintes obras:
1. Aumentar a sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais.
2. Dotar a este tramo de vial dunha rede separativa de pluviais.
3. Dotar dunha nova rede de abastecemento de auga potable e así garantir o bo servizo da instalación.
4. Canalizar a instalación de alumeado público para poder liberar as fachadas do cableado grampado, así como nos cruces e interseccións de viais.
5. Repoñer o actual pavimento mediante a aplicación de aglomerado en quente tipo D-12.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



