Viveiro, 17 de xullo, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro destaca que a apertura do aparcamento habilitado polo Goberno galego no peirao vello “atende a unha gran demanda social e comercial” derivada da “falta de capacidade do Goberno local por ofrecer alternativas de aparcamento na zona”.
É máis, dende o Grupo Municipal do Partido Popular viveirense sinalan que “as actuacións da Xunta, que ofrece máis 300 prazas de aparcamento gratuíto en pleno centro da cidade en terreos da súa competencia, contrastan coas do Concello, que cobra por aparcar tanto no párking coma na zona Ora”, lamentan.
Os populares poñen en valor, polo tanto, “o investimento de 124.600 euros do Goberno galego para dar remate ao derrubo das últimas catro naves portuarias sen actividade que quedaban na zona e o acondicionamento da explanada”. Isto permite “dar un paso máis no proceso de recuperación da fachada marítima de Viveiro tal e como se comprometera o PP”.
Os edís populares de Viveiro comprométense a “seguir traballando e liderando actuacións para a zona co obxectivo de mellorar a fachada marítima coa colaboración da Xunta de Galicia”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



