Ribadeo, 13 de xullo de 2019. Mais de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense están a repartir ata mañá mais de 200.000 rifas para participar no sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas, que terá lugar mañá, domingo, despois do concerto que ofrecerá o grupo Compay Segundo na rúa San Roque.
A viaxe que se sorteará é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 o 20 de setembro. O premio cubre o vo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero, habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén vo desde a Habana a Madrid, o visado a Cuba e o seguro de viaxe.
A axencia de viaxes que proporciona dito premio e Eroski Viaxes de Ribadeo, empresa asociada a Acisa.
Dende a organización do VI Ribadeo Indiano agradecen “a colaboración prestada por Estrella Galicia e Banco Sabadell para levar a cabo esta actividade que esperamos sexa un éxito”.
Participar no sorteo é moi sinxelo: as papeletas, que se estiveron a repartir desde o pasado 4 de xullo, deberán ir debidamente seladas polos establecementos e cubertas con nome, apelidos e DNI dos clientes, que serán os que as conserven no seu poder ata mañá, domingo, xornada na que de 11:00 a 21:30 horas poderán introducilas na urna do sorteo que estará situada na Praziña de San Roque.
O sorteo terá lugar de forma presencial tras a actuación do grupo Compay Segundo no mesmo palco da actuación; collerase unha rifa da urna, e dirase o nome por megafonía dando 5 minutos de tempo para que apareza o premiado; de non aparecer volverase sortear cantas veces faga falta ata entregar o premio. A persoa gañadora deberá acreditar que o seu numero de DNI coincide co da papeleta premiada.
Desde a organización do Ribadeo Indiano advirten que “non serán validas as papeletas sen algún dos datos persoais ou sen o selo do establecemento participante”.
Os establecementos adheridos a esta importante campaña son os seguintes:
Hotel Eo, La Solana, Restaurante a Mirandilla, Hotel – Restaurante Javier Montero, Gasolinera El Jardin, Porta Norte, Náutico, Hotel Fogar do Mariñeiro, Restaurante Mariñeiro, Hotel Mi Norte, Casa Fandin, Parque Recreativo Labirinto Costa Mariña, Hotel Restaurante O Cabazo, Bar Portillo, Viajes Eroski, Galcarpi, Fraiz Informatica, Café Bar Madison, Oviedo Bar, Apartamentos Turísticos Escuder, Merceria y Concepcion Susana Moreira, Rosalar, Siñeiro Hogar, Adele, Phone House, Bolsos Núñez, Xardineo, Manteleiro, IMAG_N 365, Optica Miro, Bar de Noa, El Rincón del Gordo, Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, Beep Ribadeo, A Mariña Asesores, Terra Branca, Bis A Bis, Galipizza Ribadeo, Folder, La Coqueta, Manhattan, Texturas Galegas, Malo Será, Xeito Decoración, Pequerrechos, Castillo de Pesca, Bora Bora, O Tumbin, Faro Norte Comunicación, O Lar de Manolo, Nana Tienda, Don Zapato, Ferreteria Morán, Hotel Casona Lazurtegui, Boutique Peluqueria y Estética, Bar Estopa, Ribanzo Pub, Serviocio, Sendin Electricidad, Hotel Restaurante Costa Verde, Optica Duovision, Hotel Loriente / Cayo Coco, Hotel Mediante, Hostal Churrería Linares, PVI Seguros, Bar Cienfuegos, Bimba 13, Plateria Gutié, Nina, A Ribeira, Con Sentidiño, Paquetaría Merceria Vizcaya, Queimada, Volvoreta, Marcelota, Panaderia Torviso, La Floristeria, Din & Don, Glass, Farfala, Optica Carreira, Anais, Merceria Torviso, Calzados La Moda, Sargadelos Ribadeo, R23, Don Zapato, La Moda Básico, Lencería Julia, La Moda Sport, Farmacia Álvarez Lebredo, Esprit, Peluqueria Slaloms, Boutique Valentina, Foto Miguel, Dándara, Boutique del Rio, Cafeteria La Lira, Jatay, Trece Eventos, Coco, Delicates, Manualidades Marta, Panificadora del EO, Tien-21, Sanjurjo Moda, Mareta, Taberna de Antón, Peineta, La Botellaría, Saia, Bar San Roque, Antigüedades Luz, El Mundo del Pintor, Ginzo Hombre – Mujer, O Indiano Ribadeo, Mika, Mesón Morriña, Confitería la Alianza, Gráficas Ribadeo, Rotugraf, Álvarez Real, O Alen, Outel 19-19, La Brisa, Joyería Azabache, Bar Galicia, Inmoriba, Logo Design Studio, Restaurante A Dorada Do Cantábrico e Deportes Docobo.
Desde a organización do Ribadeo Indiano fan unha chamada a visitantes e ribadenses a disfrutar co concerto do grupo Compay Segundo e a acudir ao sorteo desa viaxe a Cuba para dúas persoas.
O grupo Compay Segundo xa ofreceu onte, venres, no Teatro un adianto dos seus sons no acto de lectura do pregón, que correu a cargo do arquitecto ribadense Ernesto Cruzado.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



