Lugo, 3 de xuño de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, polo xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel e mais polo director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto Garrido, participou no medio día de hoxe na entrega dos convenios de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2019 da provincia de Lugo. A resolución definitiva do Plan publicada o pasado venres 14 de xuño, ascende neste ano 2019 ata os 3.332.219 euros, un 37% con respecto a 2018 cando se outorgaron 2.420.000 euros. Este importe total está confinanciado entre a Xunta de Galicia e ABANCA.
No acto que tivo lugar na sede da Xunta de Galicia en Lugo, o secretario xeral destacou o aumento nun 51,2% dos contratos asinados cos 18 equipos de alta competición patrocinados na provincia lucense con respecto á tempada 2018-2019. Deste xeito, estes 18 equipos reciben esta tempada un total de 338.085,72 euros mentres que o ano pasado recibiron 223.622,24 euros. Do mesmo xeito, Lete Lasa fixo fincapé na importancia do deporte feminino na provincia de Lugo xa que dos 18 equipos patrocinados, 11 son de mulleres, o 60% do total.
Os equipos patrocinados na cidade de Lugo son o Club Porta XI X.B., o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial (dúatlon feminino e masculino), o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial (tríatlon feminino e masculino), a Asociación Deportiva Tripenta Terras de Lugo (dúatlon feminino e masculino), o Club Peluquería Mixta Friol, o Club Deportivo Burela Fútbol Sala (fútbol sala feminino e masculino), o Club Hóckey Feminino Meigas, o Club Patíns Lóstregos Lucus, o Club de Loitas Olímpicas Vilalba, o Club Fluvial de Lugo (piragüismo sprint feminino e masculino), o Club Piragüismo Ciudad de Lugo (piragüismo sprint feminino) e o Club Emevé (voleibol feminino e masculino).
Nas súas verbas o mandatario galego agradeceu o “esforzo e a aposta decidida polo deporte galego” que fai a ABANCA e que posibilita “todos estes datos que serían inalcanzables doutro xeito”. Coa súa aposta, “o maior banco de Galicia amosa ás entidades privadas que o patrocinio deportivo ten un retorno importantísimo que axuda a calquera empresa a medrar económica e socialmente” .
191 equipos en toda Galicia
En total vense beneficiados nesta convocatoria de 2019, 191 equipos en toda Galicia, un 12% máis que en 2018 (171) e un 115% máis respecto ao primeiro ano do Plan, na tempada 2008-2009 que contou con 89 equipos patrocinados. Destes 191 equipos que finalmente asinarán os convenios (foron invitados ao programa un total de 213), 100 son equipos masculinos, 85 femininos e 6 mixtos. Un ano máis, o número de equipos femininos patrocinados volve medrar, 28 equipos na tempada 2008-2009 e 72 no exercicio pasado, polo que este ano medran nun 18%.
Como novidades do Plan, cómpre destacar a simplificación administrativa que supón unha axilización nos pagos que pasan de tres a dous, así como a creación dun grupo de patrocinio para modalidades e especialidades olímpicas e paralímpicas con equipos en campionatos de España de máximo nivel (karate, loita, natación e ximnasia) e a ampliación dos equipos que participen no terceiro máximo nivel en modalidades e especialidades olímpicas e paralímpicas (fútbol e baloncesto masculino e feminino e voleibol feminino).
Desde que o Plan botou a andar na tempada 2009-2010 consignáronse a este aspecto preto de 24 millóns de euros.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
