Lugo, 11 de xullo de 2019. O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e as representantes da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Carmen Rivera Vidal e Carmen Seijas Lamelas presentaron este xoves nos Xardíns do Pazo de San Marcos, o VIII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 19 e 20 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. Esta nova cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, e que conta apoio da Deputación e do Concello.
Vidal Baamonde remarcou que “esta nova edición conta cun programa de primeiro nivel, con artistas como Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom. Todas e cada unha destas actuacións son un verdadeiro referente da nosa música tradicional galega, por iso, para nós, é un autentico privilexio participar e colaborar na promoción deste Festival que promove a nosa cultura”, sinalou.
“Durante estas dúas xornadas o Concello de Ourol convertese nun pequeno epicentro da nosa música, dos nosos sons e das nosas tradicións. Ademais, todos os participantes poderán compartir a cea popular, foliada libre, acampada gratuíta, xogos populares, autobuses gratuítos para desprazarse a Ourol e moita diversión para todos os asistentes”, avanzou o Deputado.
Pajón Camba agradeceu a implicación da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos na organización de eventos ao longo de todo o ano, “son unha organización moi activa e comprometida con Ourol”. E convidou a “todos os visitantes a achegarse a Ourol para coñecer todo o entorno da parroquia de Bravos, un lugar que conta con moita tradición e con moita historia no noso Concello, e ao mesmo tempo, que aproveiten para desfrutar dunha evento musical único, para pasar en familia, como neste caso é este Festival”.
Pola súa banda a Presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Carmen Rivera Vidal, agradeceu ao Concello e a Deputación o seu apoio a este evento. “Si queremos que o rural non esmoreza, hai que apoialo”, dixo. Remarcou que o Festival deste ano, que xa vai pola 8º edición, conta coa cunha nova festa dos xogos interxeneracionais, e ademais, este ano como novidade haberá artesanía”.
Programa
A VIII edición do Festival Auturuxo comezará o venres dia 19 de xullo ás 21.00 horas coa actuación de Farrapos de Ghaita. Tamén haberá unha cea con paella, xamón cocido e bocadillos, e para rematar esta xornada, celebrarase unha gran foliada libre. O sábado día 20, comeza o VIII Festival Folk Aturuxo ás 13.30 horas coa sesión vermú co cuarteto Illa Pancha que dará paso á comida a prezos populares. Ás 16.00 horas comezarán os xogos tradicionais interxeneracionais e de auga. Ás 18.00 horas haberá diversión a cargo de Pakolas e durante a tarde Laura Romeu estará pintado e expoñendo. Ás 21.30 horas comezarán os concertos de: Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom. Haberá autobús gratuíto dende a Estación de Autobuses de Viveiro a Ourol, que realizará paradas ao longo do percorrido, para poder participar neste evento.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



