Burela, 16 de agosto, 2019. “Quero seguir sumando grandes momentos. O Pescados Rubén cada ano reafirma a súa aposta por este equipo, cada ano nos reforzamos para optar a todo e para iso traballaremos un ano máis, para dar máis alegrías á afección, ao club e a nós mesmas”, así de terminante se amosaba unha das Guerreiras da casa, a viveirense Lara Balseiro, a punto de estrear a que será a súa oitava campaña en Burela.
A 10 laranxa, acompañada polo presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, quixo contaxiarnos do enérxico ambiente deste inicio de 2019-20: “En todas as pretempadas arrancamos con ilusións e ambicións renovadas, pero esta é a máis especial porque despois de conquistar o título de Copa, xa nos agarda en menos dun mes a Supercopa e a Recopa de Milán e estamos moi ilusionadas e motivadas con estes novos retos” recoñecía a mariñá, de 26 anos.
Estrea en Marín
As pupilas de Julio Delgado estrearán este domingo o calendario de amigables prepatorios; será en Marín, a partir das 17.30 horas: “Estamos nun momento importante de carga de traballo, pero temos que ir probando novidades.Temos incorporacións no equipo que se están adaptando ao noso xogo e en Marín teremos unha boa oportunidade, unha boa toma de contacto, con dous grandes rivais; o Ourense Envialia así o demostra ano tras ano e O Fisgón, de Segunda, creo que configurou unha plantilla con moitas opcións ao ascenso”, adiantaba a ala Lara Balseiro, facendo referencia á chegada das galegas Ale de Paz e Jenny Lores dende o Poio ás filas burelistas, ademais da novísima Cristina Lourés, da Fervenza.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
