Viveiro, 21 de agosto, 2018. A transparencia posibilita un certo control dos poderes públicos por parte da cidadanía e axuda a recobrar a confianza da cidadanía no traballo que desenvolvemos os responsábeis públicos e a mellorar a participación da veciñanza nos asuntos públicos, o que contribuirá a que avancemos na calidade democrática das institucións.
Desde o BNG cremos que o Goberno local, e quen se atopa a súa cabeza, deben adquirir conciencia non só da obriga legal de ser transparentes senón tamén, e o máis importante, das vantaxes que esa transparencia reportará ao noso propio concello, e que se traducirá, entre outras cousas, nunha mellora da eficiencia da súa xestión.
O BNG defende a transparencia da xestión pública como principio que nos achega a unha política máis ética, eficiente e inclusiva e como compromiso coa boa administración e a democracia, tal é así que no noso programa electoral, co que nos presentamos ás pasadas eleccións municipais de Viveiro, un dos seus principais bloques (avanzar na democratización do concello de Viveiro) xa recollía unha serie de medidas para acadar este obxectivo e se comprometía a contribuír a propiciar a participación da veciñanza.
Un destes mecanismos de participación propostos pola organización nacionalista, sendo como é o pleno o órgano de máxima representación política da veciñanza no goberno municipal, onde se debaten e aproban decisións de interese xeral do municipio e de grande transcendencia para a vida cotiá dxs veciñxs de Viveiro, era a de impulsar a emisión en directo das sesións plenarias á veciñanza a través de novas tecnoloxías (streaming, emisoras de radio on line, etc.) que estimule e facilite o acceso á información municipal e á participación da veciñanza nos plenos.
Por todo o anteriormente exposto, desde o BNG cremos que o concello ten que facer un esforzo por achegar á veciñanza de todas as parroquias de Viveiro aos plenos da corporación municipal para que teñan a oportunidade de escoitar os debates e acordos que se aproban neste órgano e que lles afectan directamente, servíndose das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, as cales permitirán colgar na web oficial do concello as gravacións das sesións plenarias sen que supoña un esforzo económico demasiado elevado para as arcas do concello, en tanto non se poda dotar o salón de plenos dos medios técnicos necesarios para a emisión en directo das sesións plenarias a través de internet.
Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal do BNG solicita ao pleno da corporación local a adopción do seguinte ACORDO:
Instar á sra. alcaldesa para que mediante a figura que estime oportuno resolva o necesario para que se proceda a gravar en audiovisual e ao completo as sesións plenarias.
Que se autorice a calquera persoa presente á gravación, igualmente en audiovisual, das sesións plenarias.
Habilitación na web oficial do Concello de Viveiro dun espazo facilmente visible onde aloxar as distintas gravacións coa finalidade de que calquera veciña ou veciño poda realizar as visualizacións que desexe de calquera dos plenos celebrados.
Facilitar a participación das veciñas e veciños do concello de Viveiro a través da creación do escano da veciñanza.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



