Ribadeo, 22 de agosto de 2019. A oitava edición do Fórum de Innovación e Formación sobre vehículos, organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA), celebrarase en Ribadeo dos días 27 ao 30 de agosto. Será por primeira vez no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.
Este Fórum, homologado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, está destinado a profesores de Transportes e Mantemento de Vehículos, profesionais do sector do automóbil, alumnos de Formación Profesional e universitarios, ademais de a afeccionados do mundo do motor.
Entre os obxectivos da actividade figuran “establecer un punto de encontro entre o profesorado da familia profesional de Transportes e Mantemento de Vehículos; coñecer as últimas tecnoloxías que se están aplicando aos vehículos; realizar talleres de climatización, soldadura, caixas de cambio DSG, apertura de vehículos e impresión 3D; integrar aos traballadores en activo nos procesos de formación ao longo da súa vida laboral; a avaliación e difusión das accións europeas realizadas en 2019 por APAGA; e dar a coñecer ao sector empresarial a Formación Profesional en Italia”, segundo explicou o presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural.
Ao Fórum asistirán 85 participantes procedentes das catro provincias galegas, de Asturias, León, Zamora, Madrid, Toledo, Pamplona e tamén de Portugal. Terá unha duración de 37 horas e desenvolverase no Centro Pedro Murias.
No programa abordaranse temas como a dirección en vehículos con asistencia á condución, as nocións e fundamentos do lubricantes para motor, a organización de talleres, as últimas novidades en transmisións ou a propulsión híbrida eléctrica.
O 29 de agosto, ás 19:30 horas, celebrarase asemblea xeral de APAGA, e o 30 ás 17:00 horas, terá lugar a presentación da película Eduardo Barreiros, o Henry Ford español, dirixida por Simón Casal de Miguel e protagonizada por Manuel Regueiro, que estarán presentes no acto. Despois haberá unha mesa redonda na que participarán enxeñeiros da factoría Barreiros. Deste xeito APAGA pretende render homenaxe ao empresario galego neste VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que foi presentado esta tarde nas instalacións do hotel O Cabazo. Ao acto asistiron o subdelegada territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, o responsable da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, e a alcaldesa en funcións de Ribadeo, Mariluz Álvarez.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



