Lugo, 21 de agosto, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular considera que o presidente da Deputación, “emparapetado detrás dun cronómetro, rectificou o seu intento de deixar colgados aos 18 Concellos que teñen residencia”. A este respecto, o vicevoceiro, Javier Castiñeira, afirma que se senten “abraiados polo autoritarismo, e incluso machismo, que o socialista demostrou no día de onte durante a súa intervención final, restrinxíndonos o uso da palabra”; o que supón, indica, “un retroceso na participación democrática, no diálogo e na transparencia”.
Refírese o popular á actitude amosada polo dirixente provincial ante a petición da voceira desta formación, Elena Candia, nun intento, “máis que xustificado e por alusións explícitas”, de respostar as aseveracións do presidente, contestando este literalmente: […] porque vostede pulse o botón, non quere dicir que teña o uso da palabra. A lei di que pode pedila e o presidente pode darlla, pero non facelo. Se está acostumada, olvídese que iso xa non. Darlle ao botón e falar sin permiso, non […]”.
Ante este feito, “perfectamente constatable e que todos puidemos comprobar”, Castiñeira indica que “a importancia dun presidente non é ir cun látigo, senón xestionar”; faceta esta última, afirma, “da que adolece, pois o único que fixo ata o día de hoxe foi chegar ao sillón a cambio de deixar polo camiño a compañeiros como o expresidente Campos”.
Con todo, dende o PP defenden que se logrou o compromiso de execución e xestión dos dezaoito centros proxectados por parte do organismo provincial, e reiteran que seguirán de preto as xestións que emprendan ao respecto, co fin de que realmente se faga realidade a palabra dada no Pleno, pois “dicir dixo que si o farían, pero, sen embargo, votar votou en contra”.


















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



