Foz, 21 da agosto, 2019. O grupo municipal do Partido Popular quere deixar claro que o Sr Cajoto mentiu cando dixo que Costas e o Concello non remataban o acceso á praia da Arealonga porque faltaban os permisos de medioambiente e de patrimonio da Xunta, algo totalmente falso como xa lle recriminou o Delegado da Xunta en días pasados dado que os permisos xa se teñen tramitado polo anterior goberno, son totalmente hábiles e podemos mostralos.
O Concelleiro Popular Antonio Hermida declara “…hai meses que o anterior goberno sacou ámbolos dous permisos despois de enviar unha solicitude con planos incluídos onde de remataba o acceso cunha escaleira de madeira , tanto a mediambiente pola afección das turbas como a patrimonio pola afección do Castro de Fazouro e unha vez recibidos no Concello pasaronselle a Costas que con eles iniciou tramo de formigón o que demostra que os documentos existen porque senon Costas tampouco empezaba sen eles ..”.
Prosegue a Concelleira Conchi López, “….Parécenos incrible que o Alcalde minta desta maneira e tente xustificar o retraso de Costas do Estado culpando á Xunta de Galicia simplemente por corporativismo político…e dicimos que o Alcalde minte porque sabe perfectamente que os documentos existen xa que días antes das súas acusacións o noso Portavoz Javier Castiñeira nun rogo no que lle pedíamos que reclamase o remate do acceso a Costas aclaroulle que os informes que Cajoto dicía faltaban xa estaban no Concello dende hai varios meses…”.
Concelleira popular aclara “….Postos en contacto coa Xunta e con Costas, O Partido Popular de Foz puido corroborar que os informes existen e polo tanto o Alcalde mentiu a sabendas de que esa non era a razón do retraso e que o único problema parece ser que é que Costas e o Concello non teñen tecnicamente resolta a solución definitiva desas escaleiras que deben ser desmontables para ser retiradas unha vez pase o verán para que non as leve o mar .
Remata Hermida “ O alcalde debe pedir disculpas á Xunta de Galicia por culpala intencionadamente de non tramitar os permisos cando iso era falso, deixar de primar os intereses do psoe antes que os dos veciños de Foz; que ademáis pola súa culpa están sofrindo incomodidades por non saber facer o seu traballo correctamente, e dar solución o antes posible con Costas á escaleira desmontable que remate o acceso xa iniciado polo anterior goberno…”




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



