Lugo, 7 de agosto de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anunciou este mércores a súa decisión de convocar un Pleno extraordinario para a disolución de SUPLUSA. Tan só 8 días despois de acadar un acordo unánime na sesión plenaria de organización e 20 da súa investidura, o Presidente toma a iniciativa e arranca o procedemento que desembocará na desaparición da Sociedade Urbanística Provincial, cumprindo así co recollido no pacto de Goberno.
Ademais, con esta decisión, o Presidente dá un novo paso, neste caso determinante, para cumprir coa prioridade que marcou na investidura: devolver a tranquilidade e a normalidade institucional á Deputación, pois, se ben SUPLUSA foi no seu momento unha entidade útil para a provincia, quedou desvirtuada polas disfuncións producidas nos últimos anos. De feito, a Deputación retiroulle a súa condición de medio propio en marzo de 2018, co que a día de hoxe a súa existencia carece de sentido.
A disolución de SUPLUSA significa tamén un avance no proceso de reestruturación, modernización e adelgazamento da Deputación, un obxectivo recollido igualmente no pacto de Goberno, que fará á Administración provincial máis eficaz e útil á cidadanía, ademais de supoñer un aforro para as arcas provinciais.
En canto aos actuais traballadores e traballadoras da sociedade mercantil, tal e como subliñou o Presidente, a Corporación ten a vontade de garantir os seus dereitos laborais, para o cal se solicitarán os informes técnicos pertinentes.
Procedemento
O procedemento para disolver a Sociedade Urbanística Provincial arranca co Pleno extraordinario anunciado hoxe por José Tomé, que se celebrará a principios de setembro, e consta de tres fases: a de disolución –que se abre agora-, a de liquidación e a de extinción definitiva da entidade e da súa personalidade xurídica. Todas elas realizaranse segundo as indicacións técnicas dos servizos provinciais implicados ao abeiro do establecido na lexislación Mercantil e de Dereito Público que resulte de aplicación.
Co fin de que haxa sintonía na Corporación en canto á propia disolución de SUPLUSA e ás decisións a adoptar para conseguilo, hoxe mesmo deputados e deputadas dos tres grupos políticos provinciais –PSOE, BNG e PP- asinaron unha solicitude de convocatoria da Xunta Xeral Extraordinaria do ente mercantil para o día 12 de setembro cunha orde do día consensuada que inclúe: acordar a disolución da sociedade e a súa entrada en liquidación, así como o desistimento das accións xudiciais interpostas mutuamente (sociedade-Deputación); establecer un período de liquidación de 24 meses, que poderá ser ampliado mediante petición motivada; cesar a todas as persoas administradoras e órganos da sociedade (secretaría, intervención, tesouraría, xerencia e dirección técnica); e designar as persoas que exercerán o cargo de liquidadores da sociedade (os deputados Pilar García Porto, Mónica Freire Rancaño e José Antonio García López).





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



