Ribadeo, 9 de agosto de 2019. Os días 17 e 18 de agosto preto de 30 establecementos asociados a ACISA Ribadeo sacarán á rúa os seus produtos nunha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Ribadeo.
O Mercado de Rúa xa está preparado en Ribadeo. Un ano máis ACISA programa esta actividade de dinamización comercial co obxectivo de facer mais accesibles os produtos aos clientes.
Dende a xerencia da asociación, Jesús Pérez, explica que “dende ACISA cremos que esta cita é moi interesante para os nosos asociados e tamén para os seus clientes. Con ela pretendemos facer un comercio mais preto de ti, facendo que na propia rúa poidas ver os produtos sen necesidade de entrar nas tendas”.
E engade: “este ano ven con novidades, xa que adiantamos as datas de celebración para que coincidira coa fin de semana na que probablemente se congrega mais xente na nosa vila, así @s veciñ@s e visitantes poden aproveitar os últimos días de rebaixas e quizais algún avance de tempada”.
Pola súa banda, Juan Andina, vicepresidente de Acisa, indica que “para os comercios é moi positivo realizar esta campaña nestas datas, así podemos competir en igualdade de condicións cos vendedores ambulantes e co Mercado Pirata na mellor época para nos, sen prexudicar a ninguén, por suposto; pero buscando a formula de traballar en igualdade de condicións”.
Jesús Pérez conta que “nesta edición son preto de trinta establecementos os que participan. Non todos poden estar polo tipo de produto que venden ou por falta de espazo na rúa, pero é unha campaña na que os que participan sempre nos fan chegar moi bos resultados. Este ano poderase encontrar roupa de home e de muller, calzado, xoguetes, roupa infantil, librarías, xoierías… por suposto todos produtos de máxima calidade e das mellores marcas, non comparables co que se pode encontrar nos postos ambulantes. Hai que ter en conta as demandas dos nosos socios ao respecto, e deste xeito respondemos a unha petición que ven dende fai moitos anos, de que polo menos aínda que so sexa dous días ao ano os nosos asociados e asociadas poidan competir en igualdade de condicións cos diferentes mercados que se celebran en Ribadeo”.
Os establecementos participantes nesta campaña, nos que ademais poderás encontrar grandes ofertas son: Xoeiría Azabache, Nina, Platería Gutié, Opticalia, Bis a Bis, Bora Bora, Lencería Julia, Pequerrechos, Glass, Farfala, Mika, Marcelota, Anais, La Moda Hombre, R23, Adele, Sanjurjo, Esprit, Nana, La Floristería, La Coqueta, Hola Ola, Din & Don, Coco, Jatay, Saia e Mercería Vizcaya.
O Mercado de Rúa foi presentado hoxe Juan Andina e Jesús Pérez.
Ampliación horaria hostalería
O xerente de Acisa subliña que “nesta ocasión ademais incluímos nesta campaña a ampliación horaria que ten a hostalaría asociada nesta ponte de catro días, na que solo os nosos asociados poden abrir unha hora mais sobre licenza as madrugadas do 14 o 15, do 15 o 16, do 16 o 17, e do 17 o 18 de agosto, para que veciños e visitantes gocen do ocio nocturno, e recordámoslles ademais que non hai mellor lugar para comer, cear ou divertirse que na nosa vila, en Ribadeo”.
Corte de luz, onte
Acisa “esixe que se investigue por parte das empresas correspondentes o ocorrido na tarde noite de onte co corte de luz que deixou sen subministro durante preto de dúas horas a parte da rúa San Francisco, avenida de Asturias e José Vicente Pérez Martínez. Alguén ten que facerse cargo das perdas ocasionadas na hostalería. É vergonzoso quedar sen luz en pleno mes de agosto co que iso supón para os hostaleiros nun día coma o de onte, xornada na que todos estaban cheos”, manifesta Jesús Pérez, o xerente da asociación.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



